viernes, 10 de octubre de 2008

Teatro del Andamio: Insumisión


Durante o mes de outubro no noso barrio poderemos desfrutar das obras de teatro que programan nesta sala. Para os rosaleiros é un privilexio contar con este tipo de espectáculos culturais tan preto, e tamén para que outros veciños da cidade achéguense as funcións.

A obra que representan xa desde o venres dia 3 e que continurá nos vindeiros é:

Insumisión

Segundo o argumento, a obra fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella. O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente... A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario. A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, plantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.

Recoméndovos e insístovos en que vos acerquedes ao teatro a desfrutar desta obra. De seguro que Álvaro Guevara e a súa compañía non vos defraudarán.

Para consultar a programación click aquí

2 comentarios:

Alber dijo...

de primera mano sé que la obra vale mucho la pena. la misma que da ver como, a pesar de ello, tan sólo 8 personas fueron el pasado viernes.

una verdadera lástima que tenga más tirón cualquier mierda televisivonocturna del corazón.

así nos va!

merlin dijo...

O pasado venres foiche a miña señora, e veu a casa dicindo que flipara coa obra. Este venres tócame a min, así que alí estaremos