miércoles, 31 de diciembre de 2008

ECHE UN ANDAR MIUDIÑO....

Derradeiro día do ano 2008, con agasallo para todos



Esta actuación foi gravada no Palexco grazas a invitación dos meus amigos, así que aínda que tarde, devólvovos o detalliño.

martes, 2 de diciembre de 2008

Obradoiros audiovisuais para nenos no CULTUR.GAL


Os nenos que asistan ao cultur.gal poderan asistir a unha chea de actividades e obradoiros relacionados co teatro, o cine, a poesía, a música....

Durante todos eses días os rapaces teran obradoiros de experimentación en dobraxe cinematográfica; de técnicas de animación empregando bonecos de plastilina, de maquillaxe; ademáis haberá contacontos, representacións teatrais, monicreques, xincanas poetico musicais, obradoiros de música para os cativos, etc...

O fin de festa será a presentacion da xira do Xabarín Club, o domingo pola tarde.


Neste enlace terás todo o programa polo miúdo.

Dios ke te Crew no Cultur.Gal

Na feira do cultur.gal os rapaces de 13-16 anos terán a oportunidade de participar nus obradoiros de hip hop, nos que o Garcia do colectivo de Ordes Dios ke te Crew ensinarálles os fundamentos deste estilo musical, adaptado as nosas costumes por eles.
Aqui tedes unha pequena escolma das suas cancións, se seguides vendo os videos relacionados que aparecen despois de éste, titulado "Extranxeiros", no que desenvolven as suas inquedanzas sobre o fenómeno da inmigración.

Este fin de semana na Coruña: CULTUR.GAL

Unha pasada o que vamos a poder vivir en Palexco os proximos dias 4, 5 6 e 7 de decembro.



Atoparemonos alí toda a creatividade galega.

Libros, discos, filmes...
En Cultur.gal teremos a mellor literatura, a música emerxente de todos os estilos,a rica produción audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías...
Todos os produtos e servizos que crean, distribúen, promocionan e ofrecen
as industrias culturais galegas.

En Cultur.gal 08 participaran arredor de 100 empresas, entre editoriais, librarías, empresas de xestión cultural, de novas tecnoloxías, produtoras e distribuidoras musicais, discográficas, produtoras audiovisuais, de artes escénicas, empresas de deseño, de comunicación, etc.

Haberá ademáis varias programacións dentro desta macrofeira cultural.

Panorama Galiza 2008.
Programación audiovisual ininterrompida durante os catros días de feira, nos cales proxectaranse ao redor de 100 títulos das producións
audiovisuais galegas máis actuais, tanto longametraxes coma curtametraxes,
de ficción, animación e documental. Baixo o epígrafe Panorama Galiza farase
un repaso completo das creacións do 2007 e do 2008 de todos os estilos,
temáticas, formatos e modelos de produción posíbeis, distribuídas en varios
ciclos. As proxeccións faranse de xeito ininterrompido durante os catro días
de feira e durante todo o horario de apertura.

Falemos de libros. Conversas con autores e autoras en galego
Uns/unhas 50 escritores/as serán entrevistados durante o Cultur.gal 08 por
parte da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG). As entrevistas
serán abertas e emitidas pola rede. Entre os autores e autoras figuran nomes
como Xavier Alcalá, Santiago Jaureguizar, Rosa Aneiros, Yolanda Castaño,
Xurxo Souto, María Reimóndez, Pilar García Negro, Lino Braxe, Antía Otero,
Antón Reixa, Camilo Franco, Bieito Iglesias, Manolo Rivas, etc.

Ademáis haberá unha chea de actividades para os pequenos.

Tedes toda a información neste enlace

Non perdades a oportunidade de achegarvos e coñecer o que este pais é capaz de desenrolar no eido cultural