lunes, 12 de enero de 2009

Inaugurado o canle de merlindasroseiras en Youtube

Meus queridos amigos, estes días de nadal votei a andar no mundo dos videos de Internet.

Creei unha canle para publicar os mellores videos que vou obtendo coa miña cámara, xa que son momentos curiosos, e a maioría son actuacións de todo tipo. Concertos, obras de teatro e maxia, etc...

Espero que gocedes cos anacos de imaxe e son que vou colgando, e tamen hai un recuncho para os meus videos favoritos.

E sen máis dilación, contamos coa presenza de Don Manuel, o grande mestre de cerimonias das innauguracións para que nos dea un descurso e abra o noso espazo ao público en xeral.

Queda inaugurado o canle de merlin




Este fin de semana mudei de casa

Como a miña casa quedara pequena, merquei outra máis grande e este ano estrenoa.

Para a inauguración fixemos a miña señora e máis eu unha festa na que acudiron os nosos amigos e amigas.

Aquí tedes un video do momento no que ensinábamos os mellores recunchos da mesma.



Cando queirades estades invitados á mesma.

martes, 6 de enero de 2009

Agasallo de Reis

Chegaron os Reis!!!!!!!

Hoxe é o día de Reis, e os meus cativos, coma sempre, portáronse este ano pasado de medo, así que as súas majestades atinaron cos presentes, xa que os agasallos vanlles valer de moito para a vida cotiá.

Aqui tedes unhas fotos deles:






Gracias Alber!