lunes, 12 de octubre de 2009
viernes, 10 de julio de 2009
Descarga ao vivo, da Habana para Galiza

A MÚSICA GALEGA NACEU EN CUBA… E POR FIN CHEGA A GALIZA!
Os xardíns da Tropical na Habana foron escenario das festas galegas nas que as jotas e muiñeiras se foron mesturando coas rumbas, as guajiras, as habaneras...
Así se construiu o espectáculo da Descarga ao vivo
O ESPECTÁCULO QUE FUSIONA A MÚSICA GALEGA E A CUBANA
Unha investigación musical de Ramom Pinheiro Almuinha da que xorde un libro: A la Habana quiero ir. La música gallega en Cuba (Sotelo Blanco, 2009). Un repertorio emblemático, nalgúns casos inédito e noutros longamente esquecido.
Unha orquesta mixta, cuns arranxos entre o jazz latino e o folque europeo. Un elenco musical de excepción dirixido artisticamente por Ramom Pinheiro e con tres directores musicais:
Alejandro Vargas. Profesor do ISA (Instituto Superior de Artes) de Cuba, compositor e arranxista. Con “Trapiche” recibiu o premio Cubadisco ao mellor disco de jazz en 2008.
Pedro Pascual. Profesor de acordeón diatónico na Central Folque. Compositor, arranxista, produtor musical e músico de Marful e Talabarte Trío.
Marcos Teira. Compositor, arranxista e recoñecido intérprete de guitarra flamenca. Músico de Marful, Narf e U-lo trío. Vén de sacar o seu segundo disco Alí.
Chega a Galiza o espectáculo que fusiona a música galega e a cubana. Os teatros vibrarán ao son do danzón e da guajira, da muiñeira e da Habanera. Un espectáculo “esquisito, impactante, diferente!”
23 xul 2009 22:30. Teatro Rosalía de Castro A Coruña, Coruña
25 xul 2009 22:00. Festigal Santiago de Compostela, Coruña
30 xul 2009 20:30. Teatro Caixanova de Vigo Vigo, Pontevedra
Intérpretes:
Alejandro Vargas (piano e teclados)
Raciel Jiménez (batería)
José Manuel Díaz (contrabaixo)
Adonis Ríos (percusións)
Pedro Pascual (acordeón diatónico e bouzouki)
Marcos Teira (guitarra flamenca)
Edelmiro Fernández (gaita)
Quim Farinha (violín)
Óscar Fernández (zanfona)
Xabier Díaz (voz e percusión)
Pablo Castanho (saxo)
Ugia Pedreira (voz)
Guadi Galego (voz)
Pablo Pascual (clarinete baixo)
Gutier Álvarez (violín)
Màis info aquì
miércoles, 8 de julio de 2009
Susana Seivane e a Banda Municipal da Coruña
O pasado domingo 28 de xuño, a gaiteira de Cambre, Susana Seivane, interpretòu vàrias pezas do seu repertorio acompañada pola Banda Municipal da cidade da Coruña.
Ademàis a caba de sacar o seu novo disco titulado "Os soños que volven", donde interpreta canciòns que aprendeu desde os tres anos, no que o seu avò e o seu pai comezaron a ensinarlle a tocar a gaita.
Agora con algùns aniños màis, toca como os anxos, velaiquí unha mostriña dese concerto.
Desfrutàdeas:
sábado, 27 de junio de 2009
Berrogüetto: xira 2009
O grupo Berrogüetto comeza a xira no que presentará algún dos temas do novo disco, o cal verá a súa saída a finais de ano.
Berrogüetto - Deneb
Apuntade estas datas para achegarvos a desfrutar da súa música:
18 xullo 2009 O Grove Pontevedra
25 xullo 2009 Ponte da Barca Portugal
1, 2 e 3 agosto 2009 Lorient, Bretagne
8 ago 2009 A Cañiza Pontevedra
11 ago 2009 Viveiro Lugo
16 ago 2009 Pontevedra Pontevedra
Agardemos que poidan achegarse tamén á Coruña ou algo pretiño.
lunes, 15 de junio de 2009
Tradicción, novo disco de Nova Galega de Danza

O vindeiro martes 16 as 12,30 na Postrería (Pr. de Sta Catalina, na Coruña) preséntase este precioso traballo, e moi esperado por certo, da compañía de Danza desta cidade.
Neste cd inclúese un limiar escrito por Candido Pazó, acompañándo as cancións arranxadas por Pedro Lamas e interpretadas por unha grande selección de músicos deste país.
Recentemento foron premiados cos XXXII PREMIOS DA CRÍTICA DE GALICIA 2009 no apartado de “Ciencias e Artes da Representación”
a sua web
lunes, 8 de junio de 2009
domingo, 7 de junio de 2009
Benzón, o novo disco de Guadi Galego
Video de presentación e páxina web
martes, 26 de mayo de 2009
Videos de Nordestinas na Coruña
Nestes videos poderedes ver e escoitar catro cancións do grupo Nordestinas composto por Guadi Galego, Ugía Pedreira e Abe Rábade.
A actuación foi grabada no recinto de Expocoruña en febreiro de 2009, no marco da feira de artesanía MOA.
viernes, 15 de mayo de 2009
lunes, 6 de abril de 2009
Escoita os Tres Peixes Voando

Neste enlace tedes a posibilidade de escoitar as diferentes ediciòs semanais dun dos mellores programas musicales que se fan pola radio deste paìs.
Guillerme Fernández (bacallau), Ugìa Pedrèira (xarda) e Xabier Dìaz (marraxo) conducen cada cita semanal, proporcionando novas propostas que atopan polo mundo, e ademàis interpretan no final do programa unha versiòn dunha canciòn coñecida, dàndolles o seu toqueciño persoal.
podedes escoitar algunhas canciòns directamente do seu myspace
martes, 31 de marzo de 2009
Som do Galpón: Novo Disco e presentaciòn no Mardigràs

"En terra de ninguén" é o primeiro disco destes rapaces que mesturan o funky, o reggae e o rap con este acento galego que marca un estilo propio e orixinal.
Ainda que eles non o digan, tamén teñen moito de folk e de mùsica tradicional, xa que o seus ritmos latexan nos nosos coraçoes.
O vindeiro 17 de abril estaràn na Mardigràs, no infindo barrio de Monte Alto, pertiño do Campo de Marte para dar o seu arte e compartillar as sùas cançoes con nós.
Alì estaremos, e mentras tedes uns retaliños da sùa arte neste video:
e se non tedes eiquì as datas dos seus vindeiros concertos por todo o paìs e parte do extranxeiro:
10 abr 2009 22:00 Café del teatre del Lleida Lleida
11 abr 2009 20:30 Fnac San Agustín Valéncia
17 abr 2009 23:00 Sala Mardigras A Coruña
18 abr 2009 23:00 Sala Babel Lugo
24 abr 2009 22:30 Sala Musutruk Guernica, Euskadi
25 abr 2009 20:00 Fnac Principado Oviedo, Asturias
1 may 2009 20:00 Fnac Gaia Shopping Oporto
2 may 2009 20:00 Fnac Sta Catarina Oporto
2 may 2009 22:00 Fnac Mar Shopping Matosinhos
9 may 2009 23:00 Auriense Ourense
15 may 2009 0:00 Festival das Letras Galegas Padron
21 may 2009 22:00 Sala Nasa Compostela, Coruña
22 may 2009 23:00 Sala Costello Madrid
23 may 2009 23:00 Sala Contraclub Madrid
29 may 2009 22:30 La fábrica de Chocolate Vigo, Pontevedra
30 may 2009 23:00 Sala Rum Rum Ferrol, Coruña
4 jun 2009 20:00 Fnac A Coruña A Coruña
5 sep 2009 23:00 Pub Garufa Coruña, Coruña
12 sep 2009 23:30 O Con do Moucho A Illa de Arousa, Coruña
18 sep 2009 23:30 Pub Marucho Baoina, Pontevedra
26 sep 2009 20:00 Pub Leblón Pontecaldelas, Pontevedra
2 oct 2009 0:30 Sala 600 Melide, Coruña
9 oct 2009 0:00 Sala Baranda O Barco de Valdeorras, Ourense
16 oct 2009 0:30 Cafe Concerto Antano Serra de Outes, Coruña
30 oct 2009 23:00 Bar Patos Nigrán, Pontevedra
màis info
sábado, 21 de marzo de 2009
Prendeu no noso corazón
Xota de Ribeira de Piquin
Oliveira do pé d´ouro
Bota ramiños de prata
Tomar amores non custa,
olvidalos si que mata.
Que o teu amor non custa, corazón,
olvidalo si que mata.
Salgueiro prende de póla
amieiro polo pé.
Tamen prenden os meus ollos
no teu corazón, muller.
Tamén prendeu a lúa e prende o sol
prenden no meu corazón.
Tamén prendeu a lúa e prende o sol
prenden no meu corazón.
Prende no meu corazón....
Que desfrutedes da boa música
martes, 6 de enero de 2009
miércoles, 31 de diciembre de 2008
ECHE UN ANDAR MIUDIÑO....
Derradeiro día do ano 2008, con agasallo para todos
Esta actuación foi gravada no Palexco grazas a invitación dos meus amigos, así que aínda que tarde, devólvovos o detalliño.
martes, 2 de diciembre de 2008
Obradoiros audiovisuais para nenos no CULTUR.GAL

Os nenos que asistan ao cultur.gal poderan asistir a unha chea de actividades e obradoiros relacionados co teatro, o cine, a poesía, a música....
Durante todos eses días os rapaces teran obradoiros de experimentación en dobraxe cinematográfica; de técnicas de animación empregando bonecos de plastilina, de maquillaxe; ademáis haberá contacontos, representacións teatrais, monicreques, xincanas poetico musicais, obradoiros de música para os cativos, etc...
O fin de festa será a presentacion da xira do Xabarín Club, o domingo pola tarde.
Neste enlace terás todo o programa polo miúdo.
Dios ke te Crew no Cultur.Gal
Na feira do cultur.gal os rapaces de 13-16 anos terán a oportunidade de participar nus obradoiros de hip hop, nos que o Garcia do colectivo de Ordes Dios ke te Crew ensinarálles os fundamentos deste estilo musical, adaptado as nosas costumes por eles.
Aqui tedes unha pequena escolma das suas cancións, se seguides vendo os videos relacionados que aparecen despois de éste, titulado "Extranxeiros", no que desenvolven as suas inquedanzas sobre o fenómeno da inmigración.
Este fin de semana na Coruña: CULTUR.GAL
Unha pasada o que vamos a poder vivir en Palexco os proximos dias 4, 5 6 e 7 de decembro.
Atoparemonos alí toda a creatividade galega.
Libros, discos, filmes...
En Cultur.gal teremos a mellor literatura, a música emerxente de todos os estilos,a rica produción audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías...
Todos os produtos e servizos que crean, distribúen, promocionan e ofrecen
as industrias culturais galegas.
En Cultur.gal 08 participaran arredor de 100 empresas, entre editoriais, librarías, empresas de xestión cultural, de novas tecnoloxías, produtoras e distribuidoras musicais, discográficas, produtoras audiovisuais, de artes escénicas, empresas de deseño, de comunicación, etc.
Haberá ademáis varias programacións dentro desta macrofeira cultural.
Panorama Galiza 2008.
Programación audiovisual ininterrompida durante os catros días de feira, nos cales proxectaranse ao redor de 100 títulos das producións
audiovisuais galegas máis actuais, tanto longametraxes coma curtametraxes,
de ficción, animación e documental. Baixo o epígrafe Panorama Galiza farase
un repaso completo das creacións do 2007 e do 2008 de todos os estilos,
temáticas, formatos e modelos de produción posíbeis, distribuídas en varios
ciclos. As proxeccións faranse de xeito ininterrompido durante os catro días
de feira e durante todo o horario de apertura.
Falemos de libros. Conversas con autores e autoras en galego
Uns/unhas 50 escritores/as serán entrevistados durante o Cultur.gal 08 por
parte da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG). As entrevistas
serán abertas e emitidas pola rede. Entre os autores e autoras figuran nomes
como Xavier Alcalá, Santiago Jaureguizar, Rosa Aneiros, Yolanda Castaño,
Xurxo Souto, María Reimóndez, Pilar García Negro, Lino Braxe, Antía Otero,
Antón Reixa, Camilo Franco, Bieito Iglesias, Manolo Rivas, etc.
Ademáis haberá unha chea de actividades para os pequenos.
Tedes toda a información neste enlace
Non perdades a oportunidade de achegarvos e coñecer o que este pais é capaz de desenrolar no eido cultural
viernes, 21 de noviembre de 2008
Xabier Diaz. Xota de Bazal
Para os que non poidechedes ir o mércores, aqui tedes unha mostra do arte de Xabier Díaz e os seus compañeiros
miércoles, 1 de octubre de 2008
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Xabier Diaz: Festa dos Axóuxeres o domingo 7 de setembro
Este domingo celebrarase as 12 da mañá na explanada de Riazor a 2ª edición da Festa dos Axóuxeres, que son un espectáculo para os bebés, os nenos, e para toda a familia.
Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.
Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.
Como o ano pasado a festa contará coa participación de Xabier Diaz na parte musical, e ademáis os músicos e actores da compañía Galitoon ofrecerán un espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha viaxe polos cinco sentidos.
Alí estaremos o domingo, coa resaca do concerto dos Dandy Fever o da Banda Potemkin da noite pasada.
Saúdos.
8/09/08: Actualizamos cunhas cantas fotiños da festa:
| De Festa dos Axóuxeres na Coruña |
E un pequeno video resumo da festa na Coruña
