Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de julio de 2008

Decidido, o xoves 24 kedada!!!

Convócase a todos os nosos amigos e achegados a acercarse o xoves 24 á adega "A Borracha" ás 9 da noite para tomar algo e celebrar o 19 cumpreanos de Calvito, o 40 de Duende e de Alber, e dalgún máis que non sepamos e que queira confesar a súa idade
e ademáis o que cada un teña por gusto ou placer de comunicarnos e queira compartilo con nós.

Permítese vir acompañados de esposas e de esposos, sin distinción, de fillos e fillas, de pais e nais, de sogros e sogras ( ollo con correr este risco innecesario xa que pode traer consecuencias nefastas), de irmás e irmáns, de nenos e nenas, de mozos e mozas, de cans e gatos ( coidado de deixalos xuntos) e doutras mascotas que queirades aportar, e por suposto de amigos e coñecidos que queiran botar unhas risas.

Despois que cada un que faga o que queira, segun se vaia terciando a noite...

Deixade nos comentarios as vosas propostas e, se queredes, confirmar a vosa asistencia. Moitas gracias

Estades avisados!

miércoles, 16 de julio de 2008

Estamos enrachados: 10.000 visitas

Cumpreanos de Duende, de Alber e de Ivanciño...

Festividade do Carme...

Inauguración do centro cívico...

O Depor vai xogar a interrtoto para clasificarse na Copa da UEFA...

Dandy Fever en concerto en Narón...

e agora 10.000 clicks/"visitas" neste espazo creado para divertirnos...

¿Qué máis se pode pedir?

Só quédanos dar as grazas a eses ordenatas e ratonciños que tan ben funcionan e póñennos en contacto.

Un saúdo para eles e que sigan portándose ben