martes, 7 de abril de 2009

Ferve a rede: vive a "Pasión" na coaresma

Mentres moitos andan estes dìas de procisiòn, revivindo os vivires e senvivires da paixòn cristià, outros e outras sementan a rede de microrelatos eròticos para vivir a pasiòn e o desenfreo.

Samana santa, Semana Quente, moi quente!



Todos e todas a practicar sexo, oral ou escrito, en forma de poemas ou contos, relatos ou dedicatorias, tanto ten. O caso non è outro que deixar as ataduras morais carpetovetònicas destas datas, para adentrarse no màis ìntimo dos sentimentos.



No espazo virtual de vieiros tedes todo o que precisades para excitarvos coas palabras, desfrutar e divertirvos, podedes poñervos a cen, ou a mil, e por fin, desatar a voxa paixòn, a verdadeira e ùnica.

Queredes exemplos, pois aquí tedes:

"Introduces o dedo na miña cavidade e pecho os ollos para concentrarme.
Escorrega pola humidade. Entra e sae suave.
Rápido! grito. Máis! suplico.
Algo me sube ate a gorxa.
Retórzome.
Non podeo mais.
Estoupo.
Vou en caída libre.
Chego."
Orgasmo de Margho



"Fúcheste espindo, pouco a pouco, e o mundo ficou sen palabras. Enmudeceron os soños e agora só vexo o teu sexo, só vexo o teu corpo. Quente, negro e cheo de todos os praceres.
Porque ti ferves, eu fervo. Porque ti flúes, eu flúo. Porque así, os orgasmos non teñen cancelas, e céibanse moi de vagar entre berros, no silencio. Os meus ollos pecháronse para verte sempre sexual. E as miñas mans só agora, puideron tocarte, apreixarte moi forte, para non deixarte ir de min. Endexamais.
E así, cando se abriron os ollos, o home ou a muller, xa non estaban deitados no leito branco, na man espida, detrás daquela fiestra, ou daquel soño." Detrás daquela fiestra de xmpb



"Gústame que fales, que vaias dicindo o que me vas a facer.A túa voz esperta os meus instintos e palabra tras palabra o meu corpo reacciona.Os meus peitos erguénse,as miñas coxas tremen e o meu sexo mollado latexa.Segues a dicer: agora vou....
Entón eu collo a túa cabeza e poñendo a túa boca entre as miñas pernas ordénoche:
Come e cala."
A voz por vermella



Desfrutade e pecade, pecade...

lunes, 6 de abril de 2009

Escoita os Tres Peixes Voando


Neste enlace tedes a posibilidade de escoitar as diferentes ediciòs semanais dun dos mellores programas musicales que se fan pola radio deste paìs.

Guillerme Fernández (bacallau), Ugìa Pedrèira (xarda) e Xabier Dìaz (marraxo) conducen cada cita semanal, proporcionando novas propostas que atopan polo mundo, e ademàis interpretan no final do programa unha versiòn dunha canciòn coñecida, dàndolles o seu toqueciño persoal.

podedes escoitar algunhas canciòns directamente do seu myspace

Obrigado aos amigos do blog malmequer!

Grazas!!