Mostrando entradas con la etiqueta suxerencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta suxerencias. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de junio de 2009

Berrogüetto: xira 2009

O grupo Berrogüetto comeza a xira no que presentará algún dos temas do novo disco, o cal verá a súa saída a finais de ano.

Berrogüetto - Deneb


Apuntade estas datas para achegarvos a desfrutar da súa música:

18 xullo 2009 O Grove Pontevedra
25 xullo 2009 Ponte da Barca Portugal
1, 2 e 3 agosto 2009 Lorient, Bretagne
8 ago 2009 A Cañiza Pontevedra
11 ago 2009 Viveiro Lugo
16 ago 2009 Pontevedra Pontevedra

Agardemos que poidan achegarse tamén á Coruña ou algo pretiño.

martes, 7 de abril de 2009

Ferve a rede: vive a "Pasión" na coaresma

Mentres moitos andan estes dìas de procisiòn, revivindo os vivires e senvivires da paixòn cristià, outros e outras sementan a rede de microrelatos eròticos para vivir a pasiòn e o desenfreo.

Samana santa, Semana Quente, moi quente!



Todos e todas a practicar sexo, oral ou escrito, en forma de poemas ou contos, relatos ou dedicatorias, tanto ten. O caso non è outro que deixar as ataduras morais carpetovetònicas destas datas, para adentrarse no màis ìntimo dos sentimentos.



No espazo virtual de vieiros tedes todo o que precisades para excitarvos coas palabras, desfrutar e divertirvos, podedes poñervos a cen, ou a mil, e por fin, desatar a voxa paixòn, a verdadeira e ùnica.

Queredes exemplos, pois aquí tedes:

"Introduces o dedo na miña cavidade e pecho os ollos para concentrarme.
Escorrega pola humidade. Entra e sae suave.
Rápido! grito. Máis! suplico.
Algo me sube ate a gorxa.
Retórzome.
Non podeo mais.
Estoupo.
Vou en caída libre.
Chego."
Orgasmo de Margho



"Fúcheste espindo, pouco a pouco, e o mundo ficou sen palabras. Enmudeceron os soños e agora só vexo o teu sexo, só vexo o teu corpo. Quente, negro e cheo de todos os praceres.
Porque ti ferves, eu fervo. Porque ti flúes, eu flúo. Porque así, os orgasmos non teñen cancelas, e céibanse moi de vagar entre berros, no silencio. Os meus ollos pecháronse para verte sempre sexual. E as miñas mans só agora, puideron tocarte, apreixarte moi forte, para non deixarte ir de min. Endexamais.
E así, cando se abriron os ollos, o home ou a muller, xa non estaban deitados no leito branco, na man espida, detrás daquela fiestra, ou daquel soño." Detrás daquela fiestra de xmpb



"Gústame que fales, que vaias dicindo o que me vas a facer.A túa voz esperta os meus instintos e palabra tras palabra o meu corpo reacciona.Os meus peitos erguénse,as miñas coxas tremen e o meu sexo mollado latexa.Segues a dicer: agora vou....
Entón eu collo a túa cabeza e poñendo a túa boca entre as miñas pernas ordénoche:
Come e cala."
A voz por vermella



Desfrutade e pecade, pecade...

lunes, 6 de abril de 2009

Escoita os Tres Peixes Voando


Neste enlace tedes a posibilidade de escoitar as diferentes ediciòs semanais dun dos mellores programas musicales que se fan pola radio deste paìs.

Guillerme Fernández (bacallau), Ugìa Pedrèira (xarda) e Xabier Dìaz (marraxo) conducen cada cita semanal, proporcionando novas propostas que atopan polo mundo, e ademàis interpretan no final do programa unha versiòn dunha canciòn coñecida, dàndolles o seu toqueciño persoal.

podedes escoitar algunhas canciòns directamente do seu myspace

martes, 31 de marzo de 2009

Som do Galpón: Novo Disco e presentaciòn no Mardigràs


"En terra de ninguén" é o primeiro disco destes rapaces que mesturan o funky, o reggae e o rap con este acento galego que marca un estilo propio e orixinal.
Ainda que eles non o digan, tamén teñen moito de folk e de mùsica tradicional, xa que o seus ritmos latexan nos nosos coraçoes.

O vindeiro 17 de abril estaràn na Mardigràs, no infindo barrio de Monte Alto, pertiño do Campo de Marte para dar o seu arte e compartillar as sùas cançoes con nós.



Alì estaremos, e mentras tedes uns retaliños da sùa arte neste video:

e se non tedes eiquì as datas dos seus vindeiros concertos por todo o paìs e parte do extranxeiro:

10 abr 2009 22:00 Café del teatre del Lleida Lleida
11 abr 2009 20:30 Fnac San Agustín Valéncia
17 abr 2009 23:00 Sala Mardigras A Coruña
18 abr 2009 23:00 Sala Babel Lugo
24 abr 2009 22:30 Sala Musutruk Guernica, Euskadi
25 abr 2009 20:00 Fnac Principado Oviedo, Asturias
1 may 2009 20:00 Fnac Gaia Shopping Oporto
2 may 2009 20:00 Fnac Sta Catarina Oporto
2 may 2009 22:00 Fnac Mar Shopping Matosinhos
9 may 2009 23:00 Auriense Ourense
15 may 2009 0:00 Festival das Letras Galegas Padron
21 may 2009 22:00 Sala Nasa Compostela, Coruña
22 may 2009 23:00 Sala Costello Madrid
23 may 2009 23:00 Sala Contraclub Madrid
29 may 2009 22:30 La fábrica de Chocolate Vigo, Pontevedra
30 may 2009 23:00 Sala Rum Rum Ferrol, Coruña
4 jun 2009 20:00 Fnac A Coruña A Coruña
5 sep 2009 23:00 Pub Garufa Coruña, Coruña

12 sep 2009 23:30 O Con do Moucho A Illa de Arousa, Coruña
18 sep 2009 23:30 Pub Marucho Baoina, Pontevedra
26 sep 2009 20:00 Pub Leblón Pontecaldelas, Pontevedra
2 oct 2009 0:30 Sala 600 Melide, Coruña
9 oct 2009 0:00 Sala Baranda O Barco de Valdeorras, Ourense
16 oct 2009 0:30 Cafe Concerto Antano Serra de Outes, Coruña
30 oct 2009 23:00 Bar Patos Nigrán, Pontevedra

màis info

viernes, 20 de febrero de 2009

Emprega ben as tùas màns

Contra a bofetada
contra o cachete
contra os puños
contra a violència
contra o maltrato
contra o uso de armas
contra as discusións
contra o insulto
contra o menosprezo.

Alza as tùas màns contra o castigo corporal e empregaas para
querer,
acariciar,
achegar,
agarimar,
acompañar,
axudar,
cubrir,
dar de comer,
educar,
enredar o cabelo,
ensinar,
facer còxegas
levar pola rùa,
peitear,
protexer,
sinalar,
vestir,
xogar.....


Tes tantas cousas bonitas que facer con elas, asì que non as gastes en outras peores

martes, 2 de diciembre de 2008

Este fin de semana na Coruña: CULTUR.GAL

Unha pasada o que vamos a poder vivir en Palexco os proximos dias 4, 5 6 e 7 de decembro.



Atoparemonos alí toda a creatividade galega.

Libros, discos, filmes...
En Cultur.gal teremos a mellor literatura, a música emerxente de todos os estilos,a rica produción audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías...
Todos os produtos e servizos que crean, distribúen, promocionan e ofrecen
as industrias culturais galegas.

En Cultur.gal 08 participaran arredor de 100 empresas, entre editoriais, librarías, empresas de xestión cultural, de novas tecnoloxías, produtoras e distribuidoras musicais, discográficas, produtoras audiovisuais, de artes escénicas, empresas de deseño, de comunicación, etc.

Haberá ademáis varias programacións dentro desta macrofeira cultural.

Panorama Galiza 2008.
Programación audiovisual ininterrompida durante os catros días de feira, nos cales proxectaranse ao redor de 100 títulos das producións
audiovisuais galegas máis actuais, tanto longametraxes coma curtametraxes,
de ficción, animación e documental. Baixo o epígrafe Panorama Galiza farase
un repaso completo das creacións do 2007 e do 2008 de todos os estilos,
temáticas, formatos e modelos de produción posíbeis, distribuídas en varios
ciclos. As proxeccións faranse de xeito ininterrompido durante os catro días
de feira e durante todo o horario de apertura.

Falemos de libros. Conversas con autores e autoras en galego
Uns/unhas 50 escritores/as serán entrevistados durante o Cultur.gal 08 por
parte da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG). As entrevistas
serán abertas e emitidas pola rede. Entre os autores e autoras figuran nomes
como Xavier Alcalá, Santiago Jaureguizar, Rosa Aneiros, Yolanda Castaño,
Xurxo Souto, María Reimóndez, Pilar García Negro, Lino Braxe, Antía Otero,
Antón Reixa, Camilo Franco, Bieito Iglesias, Manolo Rivas, etc.

Ademáis haberá unha chea de actividades para os pequenos.

Tedes toda a información neste enlace

Non perdades a oportunidade de achegarvos e coñecer o que este pais é capaz de desenrolar no eido cultural

miércoles, 5 de noviembre de 2008

jueves, 23 de octubre de 2008

Alasdair Fraser & Natalie Haas: concerto no Teatro Colón

Este venres 24 de outubro as 20.30 horas no Teatro Colón temos unha cita ineludible para os amantes da música celta.

O grande e inigualable Alasdair Fraser, o número un dos violinistas escoceses dará mostras do seu repertorio na nosa cidade.

Para min é un dos mellores músicos do momento neste planeta, e unha oportunidade de acercarse a esta cultura.

Nestes videos poderedes comprobalo





Para comprar as entradas click aqui

jueves, 16 de octubre de 2008

lunes, 22 de septiembre de 2008

¿Andandará?

O lo que viene a ser lo mismo, ¿Donde está?

Si la última era en Cangas en esta ocasión cambiamos de aires, y que aires! cambiamos bajas por altas, y vino por caballos.

El sabio, o mejor dicho sabiondo Merlín :-) ha situado perfectamente la imagen superior.
Completamos el post con una pequeña muestra de lo que podemos encontrar en esta zona.

Saludos.


sábado, 20 de septiembre de 2008

Faivos unha festa para ir de drag queens?




Estes amigos xa se apuntaron, e Calvito presume de ter boas pernas, así que só queda que o noso amigo Duende busque e seu modelo e xa estaremos dispostos para "livin la vida loca!!!"

sábado, 6 de septiembre de 2008

Maxia Potaxia:II Festival internacional de maxia na rúa na Coruña



Por segundo ano consecutivo, o intrépido Mago Antón e os seus amigos encherán as ruas da cidade con espectáculos de maxia. Trátase do II Festival de maxia na rúa

Despois do éxito de público que acadaron os moitos espectáculos do festival dos Manicómicos no mes de agosto, seguro que de novo a xente respostará e acudirá a ver estes colegas de profisión.

Aquí tedes o programa por barrios:

Sábado 6 na rúa Barcelona: Cyrille Sinclair e Miguelillo as 13 h, e Malo Malísimo e Mago Pablo as 18 h

Domingo 7 na Praza de Portugal: Malo Malísimo e Mago Pablo as 13 h e Cyrille Sinclair e Miguelillo as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Pablo, Miguelillo, Cyrille Sinclair e Malo Malísimo as 21 h


Sábado 13 no Campo da Leña (praza de España): Mago Vituco e Justo Thaus as 13 h e Kayto e Jean Philippe as 18 h

Domingo 14 na Praza Elíptica das Roseiras (Los Rosales): Kayto e Jean Philippe as 13 h, e Mago Vituco e Justo Thaus as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Vituco, Justo Thaus, Jean Philippe e Kayto as 21 h


Sábado 20 no Parque Europa: Mago Mimo Anyo e Mago Norberto as 13 h e Cayetano Lledó e Luis Manuel as 18 h

Domingo 21 na Praza de Lugo: Cayetano Lledó e Luis Manuel as 13 h e Mago Mimo Anyo e Mago Norberto as 18 h

Repetindo de novo nos Xardíns de Méndez Núñez: Cayetano Lledó, Mago Norberto, Mago Mimo Anyo e Luis Manuel as 21 h


Sábado 27 na Praza de San Cristóbal: Mago Cali e Myster Yurgen as 13 h e Martín Camiña e Mago Romarís as 18 h

Domingo 28 na Praza de Vigo: Martín Camiña e Mago Romarís as 13 h e Mago Cali e Myster Yurgen as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Cali, Martín Camiña, Myster Yurgen e Mago Romarís as 21 h.

Se queredes coñecer máis a algúns dos magos que participan nesta edición, podedes facer enlace desde aquí:

Mago Romarís, de Negreira (A Coruña)

Martin Camiña de Sanxenxo (Pontevedra)

Cayetano Lledó e o Mago Vituco de Santiago de Compostela

Magomimo Anyo de Ourense

Miguelillo de Salamanca

Cyrille Sinclair de Francia

Mago Norberto da Alemaña

Eu andarei metido entre o público, de inconito, xa que prefiro quedar sempre no economato.

Aghradesementos a Alber polo chivataso...

Saúdiños e pasádeo ben!!

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Xabier Diaz: Festa dos Axóuxeres o domingo 7 de setembro


Este domingo celebrarase as 12 da mañá na explanada de Riazor a 2ª edición da Festa dos Axóuxeres, que son un espectáculo para os bebés, os nenos, e para toda a familia.

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.

Como o ano pasado a festa contará coa participación de Xabier Diaz na parte musical, e ademáis os músicos e actores da compañía Galitoon ofrecerán un espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha viaxe polos cinco sentidos.

Alí estaremos o domingo, coa resaca do concerto dos Dandy Fever o da Banda Potemkin da noite pasada.

Saúdos.

8/09/08: Actualizamos cunhas cantas fotiños da festa:

De Festa dos Axóuxeres na Coruña


E un pequeno video resumo da festa na Coruña

miércoles, 27 de agosto de 2008

¿Identificáis esta zona?





Es una de las maravillas que tenemos en Galicia.

Este tramo de costa, está recorrido por un camino ideal para hacer ciclismo de montaña, senderismo etc. La vista que nos acompaña a lo largo del sendero es fantástica, y tras pasar junto a unas "furnas" llegamos a la playa que se ve al fondo de la fotografía.

domingo, 3 de agosto de 2008

Rip Curl Orange Girl Tour no Orzán: Vivan as chicas surfeiras!!



Este venres e sabado, 1 e 2 de agosto, celebrouse na praia do Orzan coruñesa o "Girl Tour" de Rip Curl e Orange, no cal desenrolaban unha serie de actividades relacionadas co mundo do surf en exclusiva para as chicas.



Para ilo os organizadores contaban con varios monitores, que ensinaban en turnos de unha hora e de xeito práctico e gratuito a todas as inscritas, as técnicas básicas deste deporte, incluindo ademáis cursos de capoeira e de música brasileira, mediante o aprendizaxe de ritmos brasileiros en instrumentos típicos de esta terra.



Foi unha gozada ver a praia petada de rapazas facendo surf, e eu coido que co éxito de participación que tiveron, volverán a repetir, seguro.



Deixovos unhas fotos para que as nosas leitoras vos animedes e aprendades a desfrutar deste san e entretido deporte.








martes, 29 de julio de 2008

Pasando Olímpicamente: el señor ha escuchado nuestras plegarias: ¡¡¡GOMAESPUMA HA VUELTO!!!!


Gomaespuma se desplazará en agosto a Pekín con el equipo de TVE para realizar la cobertura de los Juegos Olímpicos. Juan Luis y Guillermo serán los encargados de hacer un resumen diario de la actualidad olímpica para TVE. Aparecerán en la pantalla de La 2 cada noche, de lunes a viernes, a partir del 8 de agosto y hasta la clausura del día 24. También podréis verlo en la noche del domingo en La Primera.

En el espacio de treinta minutos, que lleva el título de PASANDO OLÍMPICAMENTE, harán un repaso diario con humor de los acontecimientos más significativos que ocurran en la capital de China mediante entrevistas, reportajes de actualidad y un divertido noticiario, “Gomaespuma Nius”. En definitiva, el espíritu de Gomaespuma ahora llevado a la pequeña pantalla.

PASANDO OLÍMPICAMENTE contará además con dos presentadores estrella que de seguro os sorprenderán: Felipe Luquín y Aitor Tilla.

En este video podéis ver un adelanto de cómo estan saliendo de viaje a Pekín, ya que recordaros que faltan 10 días escasos para que comiencen los "Juegos Olímpicos", que lo harán el día 8 del 8 del 2008 a las 8 horas y 8 minutos de la tarde. Curioso, no?

viernes, 18 de julio de 2008

Festicor 2008: III festival de papaventos na Torre

Unha proposta para este fin de semana na Coruña é o festival de papaventos que se vai celebrar o sabado 19 e o domingo 20 nas inmediacións da Torre de Hércules




Haberá papaventos estáticos, acrobáticos de dous e catro fíos, banners, xardíns de vento e sobre todo moita, moita diversión e camaradería.

Programa:

Sábado 19:
10:30 Inauguración do Festival
11:30 Exhibición de papaventos estáticos, xigantes, acrobáticos, potencia e voo en equipo
14:30 Comida
16:00 Exhibición de papaventos
17:30 Combate de papaventos
Noite: Cea e entrega de trofeos do combate de papaventos

Domingo 20:
11:30 Inauguración do Festival
14:30 Comida
16:00 Exhibición de papaventos
17:30 Fin do festival

Se acudides a dar unha voltiña polo festival dos papaventos, levade unha cámara de fotos e mandadenos as que queirades ao blog para publicalas e disfrutar todos de elas.
a dirección

duendeymerlin@gmail.com

Xa temos as primeiras fotos gracias a Alber:




Decidido, o xoves 24 kedada!!!

Convócase a todos os nosos amigos e achegados a acercarse o xoves 24 á adega "A Borracha" ás 9 da noite para tomar algo e celebrar o 19 cumpreanos de Calvito, o 40 de Duende e de Alber, e dalgún máis que non sepamos e que queira confesar a súa idade
e ademáis o que cada un teña por gusto ou placer de comunicarnos e queira compartilo con nós.

Permítese vir acompañados de esposas e de esposos, sin distinción, de fillos e fillas, de pais e nais, de sogros e sogras ( ollo con correr este risco innecesario xa que pode traer consecuencias nefastas), de irmás e irmáns, de nenos e nenas, de mozos e mozas, de cans e gatos ( coidado de deixalos xuntos) e doutras mascotas que queirades aportar, e por suposto de amigos e coñecidos que queiran botar unhas risas.

Despois que cada un que faga o que queira, segun se vaia terciando a noite...

Deixade nos comentarios as vosas propostas e, se queredes, confirmar a vosa asistencia. Moitas gracias

Estades avisados!

martes, 15 de julio de 2008

DANDY FEVER: Concerto en Narón

VIII Festival da Terra e da Língua: 18 e 19 de xullo




Hoxe quérovos presentar ao mellor grupo musical do mundo. Se non o credes é porque ainda non os escoitachedes, xa que se o facedes o virus do dengue atravesará os vosos ouvidos e empezará a subirvos a temperatura, o que fará mover os vosos pés e o voso corpo ao ritmo do ska, o reague e o rock steady "made in" feito na Coruña. Este fenómeno coñecido como "Dandy Fever" aparece esporádicamente por enriba dos escenarios, e afortunadamente este sábado volverá a producirse por terras de Narón, máis en concreto no "Muinho de Pedroso", lugar escollido nesta ocasión para unha nova pandemia colectiva.

Velaiquí actuando na TVG:



E un video feito no pub Terra grabado hai uns aniños...



Máis información:

web do festival

Dandy Fever; espazo web e cancións para escoitar

miércoles, 9 de julio de 2008

Tom Waits en Donosti o próximo sábado 12

Para os non afortunados que non podan acudir ao concerto de este xenio, poñemovos un anaco da sua música.