sábado, 6 de septiembre de 2008

Maxia Potaxia:II Festival internacional de maxia na rúa na Coruña



Por segundo ano consecutivo, o intrépido Mago Antón e os seus amigos encherán as ruas da cidade con espectáculos de maxia. Trátase do II Festival de maxia na rúa

Despois do éxito de público que acadaron os moitos espectáculos do festival dos Manicómicos no mes de agosto, seguro que de novo a xente respostará e acudirá a ver estes colegas de profisión.

Aquí tedes o programa por barrios:

Sábado 6 na rúa Barcelona: Cyrille Sinclair e Miguelillo as 13 h, e Malo Malísimo e Mago Pablo as 18 h

Domingo 7 na Praza de Portugal: Malo Malísimo e Mago Pablo as 13 h e Cyrille Sinclair e Miguelillo as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Pablo, Miguelillo, Cyrille Sinclair e Malo Malísimo as 21 h


Sábado 13 no Campo da Leña (praza de España): Mago Vituco e Justo Thaus as 13 h e Kayto e Jean Philippe as 18 h

Domingo 14 na Praza Elíptica das Roseiras (Los Rosales): Kayto e Jean Philippe as 13 h, e Mago Vituco e Justo Thaus as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Vituco, Justo Thaus, Jean Philippe e Kayto as 21 h


Sábado 20 no Parque Europa: Mago Mimo Anyo e Mago Norberto as 13 h e Cayetano Lledó e Luis Manuel as 18 h

Domingo 21 na Praza de Lugo: Cayetano Lledó e Luis Manuel as 13 h e Mago Mimo Anyo e Mago Norberto as 18 h

Repetindo de novo nos Xardíns de Méndez Núñez: Cayetano Lledó, Mago Norberto, Mago Mimo Anyo e Luis Manuel as 21 h


Sábado 27 na Praza de San Cristóbal: Mago Cali e Myster Yurgen as 13 h e Martín Camiña e Mago Romarís as 18 h

Domingo 28 na Praza de Vigo: Martín Camiña e Mago Romarís as 13 h e Mago Cali e Myster Yurgen as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Cali, Martín Camiña, Myster Yurgen e Mago Romarís as 21 h.

Se queredes coñecer máis a algúns dos magos que participan nesta edición, podedes facer enlace desde aquí:

Mago Romarís, de Negreira (A Coruña)

Martin Camiña de Sanxenxo (Pontevedra)

Cayetano Lledó e o Mago Vituco de Santiago de Compostela

Magomimo Anyo de Ourense

Miguelillo de Salamanca

Cyrille Sinclair de Francia

Mago Norberto da Alemaña

Eu andarei metido entre o público, de inconito, xa que prefiro quedar sempre no economato.

Aghradesementos a Alber polo chivataso...

Saúdiños e pasádeo ben!!

No hay comentarios: