¡A quen se lle conte, non o creería!. Despois de 25 xornadas, o Depor, ten 39 puntos ,octavo na liga, pro empatado co quinto e a soio 3 puntos de praza da Liga dos Campións.
Seguimos contando cas xenialidades de Valerón e ó parecer cun valor emerxente como Lassad. Pro hoxe, quero dedicarlle a miña felicitación a Xoán Rodríguez. Eu sei que non gusta a moitos seguidores deportivistas, pro o traballo oscuro que fai é impresionante e si ademáis, marca un gol determinante como fixo onte, ¿qué máis lle podemos pedir?
Gracias, Juan Rodríguez.
lunes, 2 de marzo de 2009
O Depor desta campaña
lunes, 1 de septiembre de 2008
DEPOR - REAL MADRID


Outro ano máis, e van xa 17 temporadas sen gañar
E iso que o árbitro sempre bota unha man a estes "señoritos de la capital" que baixan as orellas ante o empuxe desta terra e desta xente poderosa, que como as ondas do Orzán arremete contra os virulillas de Guti, Raúl e compañía, dispersando a súa mala educación e deportividade, e transformando o aire de Riazor na mellor das festas do verán. Un ambiente escepcional que non pode conterse dentro do estadio e traspasa ao resto de Galicia.
Grazas Depor, unha vez máis, por encher de ilusións os nosos corazóns branquiazuis.
POR OUTRO MENCER BRANQUIAZUL, FORZA DEPOR, OE!!
domingo, 25 de mayo de 2008
Novas fichaxes do Depor
Despois de acadar o pase á copa Intertoto, o noso equipo necesita reforzarse para poder participar dignamente nas tres competicións.
O primeiro reforzo é este dianteiro internacional mexicano, Omar Bravo:
Entrevista para canaldeportivo.com
¿Cales son os postos que vos reforzariades no equipo, ou cales son os xogadores que gustaríavos que o Depor fichaxe?
lunes, 19 de mayo de 2008
viernes, 25 de abril de 2008
domingo, 20 de abril de 2008
DEPOR: Outra victoria máis para disfrutar

En Pamplona o Depor volveu a gañar 0-1 ante o Osasuna. De a eiquí ata o final de liga a disfrutar, que o que pasamos na primeira volta foi moito.
Agora que vamos de líderes da segunda volta, a ¿qué creedes que se debeu tanto cambio?
martes, 15 de abril de 2008
Turu Flores: unha pequena homenaxe
Estes dias anda de visita pola nosa cidade un dos mellores dianteiros que pasaron polo Depor, xa que forma parte do equipo de veterans que disputa o capeonato de Futbol-Indoor no que se enfrentan unha seleccion de antigos xogadores dos equipos que algunha vez gañaron a liga.
http://veteranosdeldepor.com/index.php/new/noticias_todo/turu_flores_ficha_por_el_depor_para_allanarle_el_camino_hacia_el_titulo
Hai unhos doce anos, o Turu chegou ao equipo de Las Palmas, a ver se adiviñades quen lle daba os pases daquela para marcar...
Neste video tedes máis pistas
