Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de octubre de 2009

Galicia, ano 2098. Só queda un galegofalante no mundo. Vasme deixar morrer aquí?

Galiza, ano 2098
Os coches non voan
A xente non se teletrasporta
Os seres humanos non están clonados
As profecías non se cumpriron
Agás a que se refire ao galego

Milladoiro, 30 marabillosos anos

sábado, 27 de junio de 2009

Berrogüetto: xira 2009

O grupo Berrogüetto comeza a xira no que presentará algún dos temas do novo disco, o cal verá a súa saída a finais de ano.

Berrogüetto - Deneb


Apuntade estas datas para achegarvos a desfrutar da súa música:

18 xullo 2009 O Grove Pontevedra
25 xullo 2009 Ponte da Barca Portugal
1, 2 e 3 agosto 2009 Lorient, Bretagne
8 ago 2009 A Cañiza Pontevedra
11 ago 2009 Viveiro Lugo
16 ago 2009 Pontevedra Pontevedra

Agardemos que poidan achegarse tamén á Coruña ou algo pretiño.

lunes, 8 de junio de 2009

domingo, 7 de junio de 2009

Benzón, o novo disco de Guadi Galego

Video de presentación e páxina web

martes, 26 de mayo de 2009

Videos de Nordestinas na Coruña

Nestes videos poderedes ver e escoitar catro cancións do grupo Nordestinas composto por Guadi Galego, Ugía Pedreira e Abe Rábade.

A actuación foi grabada no recinto de Expocoruña en febreiro de 2009, no marco da feira de artesanía MOA.






viernes, 15 de mayo de 2009

domingo, 10 de mayo de 2009

sábado, 21 de marzo de 2009

Prendeu no noso corazón

Xota de Ribeira de Piquin

Oliveira do pé d´ouro
Bota ramiños de prata
Tomar amores non custa,
olvidalos si que mata.
Que o teu amor non custa, corazón,
olvidalo si que mata.
Salgueiro prende de póla
amieiro polo pé.
Tamen prenden os meus ollos
no teu corazón, muller.
Tamén prendeu a lúa e prende o sol
prenden no meu corazón.
Tamén prendeu a lúa e prende o sol
prenden no meu corazón.

Prende no meu corazón....



Que desfrutedes da boa música

viernes, 20 de febrero de 2009

Emprega ben as tùas màns

Contra a bofetada
contra o cachete
contra os puños
contra a violència
contra o maltrato
contra o uso de armas
contra as discusións
contra o insulto
contra o menosprezo.

Alza as tùas màns contra o castigo corporal e empregaas para
querer,
acariciar,
achegar,
agarimar,
acompañar,
axudar,
cubrir,
dar de comer,
educar,
enredar o cabelo,
ensinar,
facer còxegas
levar pola rùa,
peitear,
protexer,
sinalar,
vestir,
xogar.....


Tes tantas cousas bonitas que facer con elas, asì que non as gastes en outras peores

lunes, 9 de febrero de 2009

Para nós, para elas.

Seguindo coas recomendacións do governo, aqui podedes ver como cumprimos coa paridade nos novos videos de youtube. Espero que os desfrutedes por igual, tanto os homes como as mulleres, despois non digades que non miramos por vós, neniñas...

Para nós:


O mellor sempre para elas:

lunes, 12 de enero de 2009

Inaugurado o canle de merlindasroseiras en Youtube

Meus queridos amigos, estes días de nadal votei a andar no mundo dos videos de Internet.

Creei unha canle para publicar os mellores videos que vou obtendo coa miña cámara, xa que son momentos curiosos, e a maioría son actuacións de todo tipo. Concertos, obras de teatro e maxia, etc...

Espero que gocedes cos anacos de imaxe e son que vou colgando, e tamen hai un recuncho para os meus videos favoritos.

E sen máis dilación, contamos coa presenza de Don Manuel, o grande mestre de cerimonias das innauguracións para que nos dea un descurso e abra o noso espazo ao público en xeral.

Queda inaugurado o canle de merlin




Este fin de semana mudei de casa

Como a miña casa quedara pequena, merquei outra máis grande e este ano estrenoa.

Para a inauguración fixemos a miña señora e máis eu unha festa na que acudiron os nosos amigos e amigas.

Aquí tedes un video do momento no que ensinábamos os mellores recunchos da mesma.



Cando queirades estades invitados á mesma.

martes, 6 de enero de 2009

Agasallo de Reis

miércoles, 31 de diciembre de 2008

ECHE UN ANDAR MIUDIÑO....

Derradeiro día do ano 2008, con agasallo para todos



Esta actuación foi gravada no Palexco grazas a invitación dos meus amigos, así que aínda que tarde, devólvovos o detalliño.

martes, 2 de diciembre de 2008

Dios ke te Crew no Cultur.Gal

Na feira do cultur.gal os rapaces de 13-16 anos terán a oportunidade de participar nus obradoiros de hip hop, nos que o Garcia do colectivo de Ordes Dios ke te Crew ensinarálles os fundamentos deste estilo musical, adaptado as nosas costumes por eles.
Aqui tedes unha pequena escolma das suas cancións, se seguides vendo os videos relacionados que aparecen despois de éste, titulado "Extranxeiros", no que desenvolven as suas inquedanzas sobre o fenómeno da inmigración.

jueves, 27 de noviembre de 2008

Arrinca a precampaña electoral : Rajoy ataca de novo

Os populares xa estan en campaña para as autonomicas, aqui tedes o video de Rajoy para convencer aos votantes mais noviños, acompañado polos famosos Pitufos.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Xabier Diaz. Xota de Bazal

Para os que non poidechedes ir o mércores, aqui tedes unha mostra do arte de Xabier Díaz e os seus compañeiros

miércoles, 5 de noviembre de 2008