lunes, 22 de septiembre de 2008

¿Andandará?

O lo que viene a ser lo mismo, ¿Donde está?

Si la última era en Cangas en esta ocasión cambiamos de aires, y que aires! cambiamos bajas por altas, y vino por caballos.

El sabio, o mejor dicho sabiondo Merlín :-) ha situado perfectamente la imagen superior.
Completamos el post con una pequeña muestra de lo que podemos encontrar en esta zona.

Saludos.


13 comentarios:

merlin dijo...

Bua, esta está chupada....

calvito dijo...

si, si, eres moi listo ti! Non vale facer maxia.

merlin dijo...

Se analizamos ben a foto vemos que hai dous paus enriba en forma de T.

o tellado ten forma de A.

a fachada esta CHea de buratos.

a sombra na fiestra ten forma de U

a fiestra esta Pechada

a parede esta encaladA

e a foto púxoa calvitO

Se xuntamos as letras maiúsculas leemos :

TA CHUPAO!

calvito dijo...

si, si, moi chupao pero ainda non deches ningunha pista

merlin dijo...

Unha pista....ummmm, é unha igrexa. Xa cho digo, ta chupao

calvito dijo...

je je je, con esa pista podemos reducir as probabilidades a....

merlin dijo...

Bueno, vale, non é unha igrexa, máis ben é un santuario moi coñecido en Galicia, de feito dicen que se ves a un lagarto ou algun tipo de becho camiñando por alí non debes de matalo...

Ta xupao, xupao

merlin dijo...

Pero bueno, vou a describir a imaxe coa mia modesta sabidoría:
Atendendo a sua estructura tratase dun templo gótico de tipoloxía mariñeira. O elemento antigo que conservase é o arco triunfal, de tipo apuntado.

As partes máis antigas corresponden á época dos Andrade: o ábside -que era inicialmente abovedado- e a porta lateral composta por un arco conopial de tipo isabelino (propio do gótico tardío), e que debeu de servir de porta principal do templo desde o siglo XV ao XVIII.

Este deseño complementóuse coa construcción da nova fachada e a torre do campanario, terminada en 1781 gracias ao aumento dos beneficios produto da auxe romeira da época.

A capela maior data de 1789 e foi realizada por Miguel López da Pena.

No ano 1970 descubrironse pinturas murales coa representación do martirio do protagonista deste santuario.

E se non vos chegan estas pistas, daquela é que andades moi perdidos.

Lembrade que a este lugar iredes todos de todas todas, sexa neste mundo ou no ulterior. Esto refréxase nun dito común moi coñecido.

Espero que acertedes...

El Duende Que Camina dijo...

San Andrés de Teixido, non me daba conta. Estas moi relixioso. A tí que che gustan esas cousas, teras que flipar porque no lugar existen uns acantilados como mínimo, "espectaculares".

Imos á Capelada?

merlin dijo...

Santo Andrés de Teixido, irás de morto se non vas de vivo...

Recórdoche Calvito que a Santa Compaña atópoa case sempre polas noites, de peregrinaxe cara ese santuario perdido.

Os acantilados de máis de 500 metros de altura que hai alí son o lugar perfecto para comprender o pequeno e ridículo que é o home ante a natureza e o universo.

Unha excursión preciosa, pero tamén chea de misterios e perigos.

Coñezo xente que intentou chegar ata alí, e ao non atopar o camiño pola néboa, tivo que dar a volta para a súa casa.

Eu vou a menudo a coller a famosa "herba de namorar" (Armeria pubigera), para aqueles que acuden na miña axuda, e pretenden o amor dunha doncela e non son correspondidos.

É moi sinxelo, simplemente colles unha ramiña coa herba e mais a flor, a introduces nun libro, de poesía ou de prosa romántica, deíxala secar durante uns días para que a sua esencia penetre nas follas do mesmo, e regálalo á persoa que queres corresponder co teu amor.

Se esa persoa lee o libro, os efectos da herba mezclados co texto farán que esa persoa caia rendida aos teus pés para sempre.

É infalible, e vale para ambos sexos, indistintamente.

calvito dijo...

Para min é unha das zonas máis fermosas de Galicia, os acantilados dos que falades, na serra da Capelada son os máis altos de Europa, e se dende ahí se mira ó horizonte pódese comprobar que a terra é redonda.
Se miramos cara a Ortigueira dende o Cabo Ortegal temos unha vista espectacular de Cariño.
Os cabalos e vacas de libre estabulación pacen tranquilamente nos merendeiros, sempre e cando non sexa o último domingo de Xuño, cando se celebra a famosa "rapa das bestas".

El Duende Que Camina dijo...

Totalmente dacordo co que dís.

As fotos, son moi fermosas, gracias.

calvito dijo...

Gracias Duende, fue una pena que hubiese tanta bruma, por eso no hay de Cariño, o una foto mejor de los acantilados.