miércoles, 24 de septiembre de 2008

Xosé Luis Franco Grande: Perfil do facha


Luns 22 de septiembre de 2008:

Medo, pesimismo e incomprensión do outro debuxan, ao meu ver, o perfil do facha. O que fai que o facha sexa un produto ou unha consecuencia da incultura xeral, incluída a incultura política e de convivencia.
O medo, o pesimismo ou a incomprensión da chamada «periferia» é para min o que mellor define a un facha. Despois de máis de trinta anos poñendo de manifesto que a modernización deste país non se tería producido sen a estreita colaboración da periferia, quedan aínda agoireiros que temen por unha «unidade» á que só eles quixeran volver.
O facha non atura ao outro. E converte en problema o obvio: que cada un se sinta a gusto sendo de onde é, xusto porque iso é o que é. Os exemplos serían múltiples: taxistas da capital que se negan a levar pasaxeiros que falen catalán -non se fose uzbeko-, campañas para que certos produtos non se compren, e un longo etcétera.
As diferentes linguas españolas son un dos grandes problemas dos fachas: medo a que aquelas suplanten a común, pesimismo sobre esta -non sobre as que teñen verdadeiros problemas-, absoluta incomprensión para entender que xa quixeran outros a riqueza da nosa diversidade. O facha é sempre simplificador.
Medo a todo: aos inmigrantes, a que vivamos sen tutelas, a que cada quen sexa o que realmente é, a que cada un afirme a súa personalidade, pois pensan que iso é negar a deles. En realidade, falta de cultura, que segue sendo o principal problema deste país. E de sentido do humor.

publicado neste enlace

4 comentarios:

El Duende Que Camina dijo...

Gustame este artículo. ¿Por qué tanta
polémica?.

¿qué gañamos con todo esto?. Broncas, debates, odios, envexas e sobre todo gasto inútil dos impostos ós que colaboramos tódolos contribuintes.

¿Por qué hai tanto receo ca nosa lingua Galega?

Faltas da ortografía a parte, eu estou orgulloso de poder falar e escribir en galego.

¿cómo é posible co tal "Steiner", pra moitos a millor pensador do século pasado, solte a barrabasada que soltou sobre a nosa lingua, facendo un agravio directo a ela en contraposición ó catalán?

Encantame a filosofía, e teño leído moitos libros, pro cando leo un comentario deste suposto millor pensador do século pasado, dame una ardor de estómago enorme.

Emulando a nosa ministra Magdalena Alvarez: "diga todo esto fora da sala do Congreso e levolle os tribunais da xuztiza"

calvito dijo...

Si que da juego la ministra.

Respecto al artículo, destacar una cosa, que el secreto de la convivencia está en el respeto a la diversidad, y la diversidad es precisamente la gran riqueza de este país por mucho que algunos prefieran la uniformidad.

merlin dijo...

¿Quen é ese Steiner?

Eu, profundo inorante recoñecido, non teño nin idea de quen é, e vivo moi ben sen sabelo, o mesmo que él, profundo inorante da lingua e da historia de Galicia.

A diferencia é que eu non opino sobor del, pero el é capaz de opinar sobre algo que non sabe. Menuda prepotencia

merlin dijo...

O dia que publiquei este post olvidóuseme dicir a miña opinión.

Eu penso que os fachas son os grandes ignorantes da era moderna. O descoñecemento dos demáis cáusalles medo, e o medo trnasfórmano en intolerancia.

O problema que teñen é que antes tiñan os medios para manipular á xente, polas malas sobretodo, xa que as boas maneiras de facer entender as túas virtudes só as reservan para si mesmos.

Agora estan a defensiva, meten ideas sen sentido para intentar asustar aos débiles, como que entran moitos inmigrantes, que se rompe España, etc...

Son poucos, pero fanse notar. Non dan medo, só dan pena por malgastar a súa vida en joder a los demás