domingo, 3 de agosto de 2008

Rip Curl Orange Girl Tour no Orzán: Vivan as chicas surfeiras!!



Este venres e sabado, 1 e 2 de agosto, celebrouse na praia do Orzan coruñesa o "Girl Tour" de Rip Curl e Orange, no cal desenrolaban unha serie de actividades relacionadas co mundo do surf en exclusiva para as chicas.



Para ilo os organizadores contaban con varios monitores, que ensinaban en turnos de unha hora e de xeito práctico e gratuito a todas as inscritas, as técnicas básicas deste deporte, incluindo ademáis cursos de capoeira e de música brasileira, mediante o aprendizaxe de ritmos brasileiros en instrumentos típicos de esta terra.



Foi unha gozada ver a praia petada de rapazas facendo surf, e eu coido que co éxito de participación que tiveron, volverán a repetir, seguro.



Deixovos unhas fotos para que as nosas leitoras vos animedes e aprendades a desfrutar deste san e entretido deporte.








No hay comentarios: