miércoles, 3 de septiembre de 2008

Xabier Diaz: Festa dos Axóuxeres o domingo 7 de setembro


Este domingo celebrarase as 12 da mañá na explanada de Riazor a 2ª edición da Festa dos Axóuxeres, que son un espectáculo para os bebés, os nenos, e para toda a familia.

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.

Como o ano pasado a festa contará coa participación de Xabier Diaz na parte musical, e ademáis os músicos e actores da compañía Galitoon ofrecerán un espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha viaxe polos cinco sentidos.

Alí estaremos o domingo, coa resaca do concerto dos Dandy Fever o da Banda Potemkin da noite pasada.

Saúdos.

8/09/08: Actualizamos cunhas cantas fotiños da festa:

De Festa dos Axóuxeres na Coruña


E un pequeno video resumo da festa na Coruña

8 comentarios:

calvito dijo...

Me parece muy interesante, Merlín. Además "axóuxere" es una de las palabras más bonitas que tenemos en gallego.

merlin dijo...

Quen me dera ser outra vez cativiño e poder compartir con estes grandes artistas como Mercedes Peón, Uxía, Guillerme Fernández ou Xabier Diaz, entre outros moitos, a experiéncia de aprender o que é a música tradicional galega.

Eu, que xa non podo voltar atrás no tempo, asistirei en calidade de pai, ainda que non teño bebés neste caso; compartir esta aproximación musical da man de Xabier Díaz e a súa delicada, pero intensa voz, ten que ser unha experiencia marabillosa. E de paso cóñecer en persoa ao mellor intérprete vocal masculino da música galega contemporánea, sen nengún tipo de dúbidas.

Alber dijo...

grazas pola recomendación. Antón disfrutou do lindo. de feito (para que negarlo) foi o auténtico protagonista animando ao público.

gosta ver, de cando en vez, cartos públicos ben investidos.

merlin dijo...

A verdade e que a experiencia foi moito mellor do que eu pensaba.

Había moitos nenos, bebés, pais e avós.

Os catro músicos estiveron chapó, os actores fixeron rir e xogar aos nenos desde o primeiro momento, facendo participar activamente aos cativos en todas as propostas.

Mención especial merecen os vocalistas, xa que ademáis de facer cantar e bailar aos nenos, fixeron emocionarnos aos pais e descubrir o intrépidos que poden chegar os nosos fillos á hora de interaactuar nun espectáculo feito á medida para eles.

Un dez para os técnicos de son e a organización do evento.

En definitiva, en espectáculo perfecto e axeitado para unha mañá dominical máxica.

Oxalá poidera repetirse con maior frecuencia, pero iso xa é moito pedir, ou non?

merlin dijo...

Xa temos un enlace para ver unhas cantas imaxes do encontro con Xabier e os seus compañeiros nesta bonita festa.

Espero que vos gusten.

Grazas a todos por esta experiencia tan enriquecedora

merlin dijo...

Non vos perdades o video que enlacei. Ten unha chea de sorpresas!!!

Alber dijo...

a destacar o pequeno espontáneo ese que (non contento do seu continuo afán de protagonismo) acaboú animando, a golpe de palmas, ao público asistente ;-)

merlin dijo...

Ese espontaneo vai ser un fenómeno, igualiño que os pais