lunes, 22 de febrero de 2010

domingo, 7 de febrero de 2010

Saudade de Ti , meu Rei, no blogue

Ritmo das olas na praia
Brilo de prata no mar
Raios de sol os teus ollos
Eu ollei no teu ollar
Unha gaivota lanzaba
Facendo circos no ar
Os teus pasiños na area
Namorouno o teu andar

Teño saudade saudade teño de ti
Teño saudade de ti meu rei
Teño saudade de ti

O fume do barco vello
Oxe queria pintar
Os teus cabelos moada
Fixenronme namorar
A brisa da area
Todo facia tremar
No obxeto da tua escultura
Quen me dera non pensar

Eu xa te lembro meu ben
PORQUE TEÑO SAUDADE DE TI

lunes, 12 de octubre de 2009

Galicia, ano 2098. Só queda un galegofalante no mundo. Vasme deixar morrer aquí?

Galiza, ano 2098
Os coches non voan
A xente non se teletrasporta
Os seres humanos non están clonados
As profecías non se cumpriron
Agás a que se refire ao galego

Milladoiro, 30 marabillosos anos

viernes, 10 de julio de 2009

Descarga ao vivo, da Habana para Galiza



A MÚSICA GALEGA NACEU EN CUBA… E POR FIN CHEGA A GALIZA!
Os xardíns da Tropical na Habana foron escenario das festas galegas nas que as jotas e muiñeiras se foron mesturando coas rumbas, as guajiras, as habaneras...
Así se construiu o espectáculo da Descarga ao vivo

O ESPECTÁCULO QUE FUSIONA A MÚSICA GALEGA E A CUBANA

Unha investigación musical de Ramom Pinheiro Almuinha da que xorde un libro: A la Habana quiero ir. La música gallega en Cuba (Sotelo Blanco, 2009). Un repertorio emblemático, nalgúns casos inédito e noutros longamente esquecido.

Unha orquesta mixta, cuns arranxos entre o jazz latino e o folque europeo. Un elenco musical de excepción dirixido artisticamente por Ramom Pinheiro e con tres directores musicais:

Alejandro Vargas. Profesor do ISA (Instituto Superior de Artes) de Cuba, compositor e arranxista. Con “Trapiche” recibiu o premio Cubadisco ao mellor disco de jazz en 2008.

Pedro Pascual. Profesor de acordeón diatónico na Central Folque. Compositor, arranxista, produtor musical e músico de Marful e Talabarte Trío.

Marcos Teira. Compositor, arranxista e recoñecido intérprete de guitarra flamenca. Músico de Marful, Narf e U-lo trío. Vén de sacar o seu segundo disco Alí.

Chega a Galiza o espectáculo que fusiona a música galega e a cubana. Os teatros vibrarán ao son do danzón e da guajira, da muiñeira e da Habanera. Un espectáculo “esquisito, impactante, diferente!”

23 xul 2009 22:30. Teatro Rosalía de Castro A Coruña, Coruña
25 xul 2009 22:00. Festigal Santiago de Compostela, Coruña
30 xul 2009 20:30. Teatro Caixanova de Vigo Vigo, Pontevedra

Intérpretes:

Alejandro Vargas (piano e teclados)
Raciel Jiménez (batería)
José Manuel Díaz (contrabaixo)
Adonis Ríos (percusións)
Pedro Pascual (acordeón diatónico e bouzouki)
Marcos Teira (guitarra flamenca)
Edelmiro Fernández (gaita)
Quim Farinha (violín)
Óscar Fernández (zanfona)
Xabier Díaz (voz e percusión)
Pablo Castanho (saxo)
Ugia Pedreira (voz)
Guadi Galego (voz)
Pablo Pascual (clarinete baixo)
Gutier Álvarez (violín)

Màis info aquì


miércoles, 8 de julio de 2009

Susana Seivane e a Banda Municipal da Coruña

O pasado domingo 28 de xuño, a gaiteira de Cambre, Susana Seivane, interpretòu vàrias pezas do seu repertorio acompañada pola Banda Municipal da cidade da Coruña.

Ademàis a caba de sacar o seu novo disco titulado "Os soños que volven", donde interpreta canciòns que aprendeu desde os tres anos, no que o seu avò e o seu pai comezaron a ensinarlle a tocar a gaita.

Agora con algùns aniños màis, toca como os anxos, velaiquí unha mostriña dese concerto.

Desfrutàdeas:


martes, 30 de junio de 2009

A torre de Hércules: patrimonio da humanidade




Sinto ledicia. Agora o monumento xa non é dos coruñeses. Agora é do mundo enteiro. Isto, en principio, supón que os choriqueiros gobernantes locais terán a obligatoriedade de mima-lo, coida-lo e preocuparse polo entorno....E falando de entorno, penso que é posible, pedirlles que busquen a formula pra conseguir cos grandes petroleiros non pasen tan cerca das nosas costas, por si é caso.

Quero pedirlles tamén, si é posible, que deixen de vertir augas fecais o mar, pois a nosa cidade é das poucas o a única cidade con porto europea que sigue vertindo augas fecais o mar sin tratamento algún....e despois nos queixamos polas multas que nos pon a UE.

Pídolles tamén, que eviten o feísmo provocado polos carteis que colgan as diferentes constructoras na zona.

O lugar é magnífico, o monumento milenario, de ensono, que veu pasar moitos barcos, por todo isto, pídolles que esta vez non deixen escapar este barco.

Un home que adora o mar.

sábado, 27 de junio de 2009

Berrogüetto: xira 2009

O grupo Berrogüetto comeza a xira no que presentará algún dos temas do novo disco, o cal verá a súa saída a finais de ano.

Berrogüetto - Deneb


Apuntade estas datas para achegarvos a desfrutar da súa música:

18 xullo 2009 O Grove Pontevedra
25 xullo 2009 Ponte da Barca Portugal
1, 2 e 3 agosto 2009 Lorient, Bretagne
8 ago 2009 A Cañiza Pontevedra
11 ago 2009 Viveiro Lugo
16 ago 2009 Pontevedra Pontevedra

Agardemos que poidan achegarse tamén á Coruña ou algo pretiño.

lunes, 15 de junio de 2009

Tradicción, novo disco de Nova Galega de Danza


O vindeiro martes 16 as 12,30 na Postrería (Pr. de Sta Catalina, na Coruña) preséntase este precioso traballo, e moi esperado por certo, da compañía de Danza desta cidade.

Neste cd inclúese un limiar escrito por Candido Pazó, acompañándo as cancións arranxadas por Pedro Lamas e interpretadas por unha grande selección de músicos deste país.

Recentemento foron premiados cos XXXII PREMIOS DA CRÍTICA DE GALICIA  2009 no apartado de  “Ciencias e Artes da Representación”



a sua web

viernes, 12 de junio de 2009

A volta da Inquisición a Galicia, por Manuel Rivas

Despois dunha tempada de descuberta da rede de gabinetes clandestinos e agochos con salas cibernéticas e xardinciños zen onde celebraba os seus aquelarres a Antiga Coalición (Ano IV, after Fraga e before Feijóo), a nova Xunta emprendeu unha nova fase de exploracións que deu lugar a outra xeira de insólitos achados: os fatídicos BB ou buracos bipartitos.

Non eran nin un nin dous. Galicia enteira era unha peneira. Sen ser advertidos nin sequera polos máis aleutos, durante a Antiga Coalición os galegos estabamos en terra perigosa e minada, desprazándonos sen sabelo por un país furado de arriba abaixo.. Segundo nos ilustra cada día o mando do OFG (Observatorio de Furados Galegos), estes buracos bipartitos teñen unha feitura especial que os asemella aos chamados buracos negros do Universo. Non é casual que un dos seus principais estudosos, o célebre científico Stephen Hawking, pasara por Galicia xusto pouco antes de producirse a caída da Antiga Coalición.

A descrición que fai Hawking de como se forma un buraco negro corresponde con absoluta precisión ao sucedido na recente historia política de Galicia. En primeiro lugar, prodúcese pola perda dunha xigante vermella (estrela de gran masa), coa progresiva extinción da súa enerxía. A continuación, e resumindo a Hawking, o antigo astro, e por mor da forza gravitatoria, deriva nunha masa de pequeno volume (a chamada anana branca) que é a que provoca, no seu colapso por auto atracción, o buraco negro. Como quen di, unha escuridade que mesmo apreixa a súa propia luz.

Mais unha cousa é que a caída dunha estrela electoral provoque un buraco negro ou dous na galaxia política e outra moi diferente é esta orxía de buracos. Cada día que pasa, o Observatorio de Furados infórmannos de achados de buracos supermasivos no hiperespazo galego. Na primeira versión, a que subliñan os informativos, como é lóxico, o Buraco do Día acada dimensións inmensurábeis.

-Este si que é un buraco, señores, e non o do rei Cintolo!

Mais ao día seguinte, o Gran Buraco desaparece. E aí é onde entra a segunda parte deste asunto astrofísico. Os chamados buracos brancos. Este tipo de buracos son aqueles que non existen aínda que puideran existir. Ou sexa, un buraco branco é unha hipótese de buraco. Esa é a marabillosa avantaxe da política de furados. Un día hai buraco e ao seguinte, non. E O Buraqueiro sempre pode dicir: "Os buracos non existen, mais habelos hainos".

Así que o novo Goberno segue felizmente hiperactivo. O que teñen os buracos é que poden converterse tamén nun vicio. Ademais de querer atopalos un pode levarse do entusiasmo de facer buracos. Tristes buracos. "Obscenos buracos", que dicía Jean-Paul Sartre. O máis grande buraco negro é o que os reaccionarios queren facer coa lingua galega.

Despois do esperpento do documental das Vacas tolas, reconvertidas pola TVG en extras de Clint Eastwood, un dos exemplos máis escandalosos é o que vén de suceder na Radio Galega con Xurxo Souto e o seu programa Aberto por reformas. Aproveitando o cambio político, prescíndese del e, ao tempo, baleirase de sentido un programa esencial, o único que se dedicaba en exclusiva a difundir a música emerxente galega.

Quen non quere a Xurxo Souto? Dende logo non pode non querelo quen o coñeza. Á parte de amizade, falo aquí do "querer" como sinónimo de "pór en valor". Souto foi o alma mater de Os Diplomáticos de Monte Alto e o maxín que fixo levedar o movemento bravú, ese vento de música moza, desacomplexada, rebuldeira, que se ergueu en aldeas, vilas e barrios urbanos, que rachou fronteiras e tópicos ao berro tan rosaliano de "ghaiteiro!". Souto foi tamén quen escribiu os mellores libros sobre ese tempo onde se relata a redescuberta xuvenil dos espazos vizosos da cultura popular. O campo da festa ás tabernas, do futbolín á selección galega. Fixo renacer mitos esquecidos como Pucho Boedo, Alexandro Fisterra ou Urbano Lugrís. Mostra da súa profesionalidade no eido da televisión foi o seu traballo na mellor época de Luar e documentais imprescindíbeis como o que relata a vida do líder de Os Tamara. Na prensa, as súas inesquecíbeis páxinas dominicais da cultura popular en La Opinión. Na radio, fixo d'A tropa da tralla (Radio Coruña) un dos referentes na historia radiofónica galega. E cando se incorporou á Radio Galega, hai catro anos, creou, entre outras cousas, un programa que era tamén o habitat máis agardado. Un lugar para a música máis nova. Algo que incribelmente non existía na radio pública que isto ten por mandato: "A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega" (Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG).

Con Aberto por reformas, Xurxo Souto fixo un programa legal en todos os sentidos. Tamén no coloquial que lle dá a xente nova. Algo do que fiarse. Algo que paga a pena. Reconciliou a música e os músicos do país co medio que os tiña marxinados. Viñeron as eleccións, houbo o cambio político, e expulsaron a Xurxo. De cesante. Como fixeron con Curros noutro século, non por ser mal xornalista senón por ir ás ceibas. En vez de facerlle sitio, fixéronlle un buraco. Unha represalia contra un universo cultural. Un home expulsado por ter talento. Unha subtracción que nos fan. Mentres escribo este artigo, chegan noticias de que a Comisión Episcopal da Fe vai condenar a obra de Andrés Torres Queiruga, o noso máis grande teólogo xunto con Chao Rego. Neste flashback reaccionario, anda a Inquisición á caza de Prisciliano.

Hai en Galicia unha música emerxente extraordinaria. Unha auténtica enxurrada creativa. Agroma e fertiliza malia estas adversidades que veñen dos que máis deberían crear condicións para espallarse como voz da cultura e consolidar unha industria. Velaí temos, só por citar algúns, Lamatumbá, Som do Galpom (Qué disco Em terra de ninguém!), Zënzar (Que disco A tribu!), as coruñesas de Chámalle Xis ou Cho toco eu ou a rapeira viguesa Aid.

Disque hai un buraco por galego. Mais a xente moza, a que respira a liberdade, a que non acepta a nova "doma e castración", non acepta meterse nos buracos prefabricados. Ducias de grupos, asociacións culturais, e centos de artistas e músicos veñen de promover un Manifesto Básico pola Defensa da RTVG: Contra a censura e a marxinación da música galega. A páxina web Komunikando.net é un bo lugar de visita para informarse desta iniciativa e, ao tempo, pórse ao día cos abrollos máis novos da música feita en Galicia. Como na canción de Zënzar, que canta Bocixa: "Non falamos por falar / o noso pensamento non o van gobernar".