martes, 30 de junio de 2009

A torre de Hércules: patrimonio da humanidade




Sinto ledicia. Agora o monumento xa non é dos coruñeses. Agora é do mundo enteiro. Isto, en principio, supón que os choriqueiros gobernantes locais terán a obligatoriedade de mima-lo, coida-lo e preocuparse polo entorno....E falando de entorno, penso que é posible, pedirlles que busquen a formula pra conseguir cos grandes petroleiros non pasen tan cerca das nosas costas, por si é caso.

Quero pedirlles tamén, si é posible, que deixen de vertir augas fecais o mar, pois a nosa cidade é das poucas o a única cidade con porto europea que sigue vertindo augas fecais o mar sin tratamento algún....e despois nos queixamos polas multas que nos pon a UE.

Pídolles tamén, que eviten o feísmo provocado polos carteis que colgan as diferentes constructoras na zona.

O lugar é magnífico, o monumento milenario, de ensono, que veu pasar moitos barcos, por todo isto, pídolles que esta vez non deixen escapar este barco.

Un home que adora o mar.

1 comentario:

merlin dijo...

Ola Duende, saùdos!

A Torre xa era hai moito tempo de toda a humanidade, xa que todolos coruñeses presumìamola polo mundo adiante.

Lembra que a derradeira imaxe que tiñan os nosos ancestros ao emigrar as Amèricas era a nosa torre, supoño que con bágoas nos ollos, tras deixar atràs a muller e os fillos e buscar un lugar donde atopar as riquezas e escapar da fame à que nos condenaban os españolitos, maltratando a nosa terra e as nosas xentes.

Xa vai sendo hora de que esta cidade esperte, leva moito tempo durmida polo efecto das ditaduras; ainda hoxe moitos "coruñeses de toda la vida"
seguen defendendo e xustificando a presenza de sìmbolos franquistas, etapa bastarda da nosa història, nos edificios oficiais e incluso temos que traghar con estatuas como a de millàn astrai, nas Atochas de Monte Alto.

Quizàis algùns CTVs as queiran manter; propòñolles que soliciten para elas a declaración de Patrimonio da Humanidade, seguro que o conseguen....