martes, 30 de septiembre de 2008

Cicatrices, de Xose Carlos Caneiro


Están de moda os quirófanos para arrancar cicatrices. Este outono, especialmente. Cambian pómulos, glúteos, senos. Colocan protuberancias nas planicies, rebaixan cumes, acicalan mandíbulas. Hai seres que buscan un lugar que arranque as cicatrices da alma. Pero non se anuncian nas páxinas dos diarios. Ninguén fala, nos cócteles e saraos, dun médico que implante a alegría nos adentros. Non importa o prezo. Eses seres en derrota, os que levan feridas na alma, pagarían para non cargar mil cicatrices. Pagarían por esquecer. É curioso o esquecemento. É canalla. Aparece coas cousas que non queres esquecer e fracasa co inesquecible. Se nos poñemos a contar o campo semántico do inesquecible encontraremos demasiados disparos. Quero dicir que as derrotas son máis difíciles de esquecer que as felicidades. Que permanecen, como lágrimas que non podes limpar. De todas as derrotas, as máis inesquecibles son as que teñen que ver coa traizón, a deslealdade, a mentira traidora. Hai outro tipo de mentiras, certamente, que non fan dano: os novelistas pasan a vida inventando mentiras. Pero hai outras que afunden o teu barco a mil quilómetros da praia, e non sabes nadar. E non hai bote salvavidas. E cando escoitas a voz do capitán gritando «sálvese quen poida», sabes que ti non vas a poder. Alí quedas, no barco fundido, preguntándote por que a mentira traidora. Por que pensabas que o amor é algo eterno. Por que rompe o que parece irrompible. Por que non podes abrazar os abrazos que marcaron a túa vida, tan inesquecibles como as derrotas. Pérdeste en preguntas que non sabes contestar. E xa non es a mesma persoa. A partir de agora, afirmas, cando escoites «sálvese quen poida», ti serás o primeiro en saltar do barco. E cando volvas á túa vida normal, en desamor, buscarás un quirófano para transplantar a tristeza. Para esquecer. Para arrancar da túa alma cicatrices. Unha. Ou mil.

Extraido de este enlace

13 comentarios:

El Duende Que Camina dijo...

Moi elocuente. Gracias polo enlace.

merlin dijo...

Hoxe en día Xose Carlos Caneiro é para min a referancia en canto a literatura en língua galega.

Encántanme Manolo Rivas, Suso de Toro, Os Álvarez Cáccamo, e moitos outros, pero X.C. Caneiro ten unha forma de falar que tócache as fibras con só duas liñas:

"De todas as derrotas, as máis inesquecibles son as que teñen que ver coa traizón, a deslealdade, a mentira traidora"

"Alí quedas, no barco fundido, preguntándote por que a mentira traidora. Por que pensabas que o amor é algo eterno. Por que rompe o que parece irrompible. Por que non podes abrazar os abrazos que marcaron a túa vida, tan inesquecibles como as derrotas."

En fin, entre Enrique Urquijo e Xose Carlos Caneiro, a tristeza e as cicatrices da ialma pasan a ser parte da beleza.

merlin dijo...

Onte lin unha nova columna de Xosé Carlos Caneiro, falando dos traballadores que arriscan as súas vidas para traballar, como os obreiros portugueses que morreron en Ourense este domingo, e dirixíanse a Logroño para traballar ata o venres alí. O artigo titúlase "Por eles" e quería compartilo convosco:

"Afirman que a frase é de García Márquez, pero eu non a teño subliñada. Pasei horas revisando libros e non aparece. Sentín certa angustia. Tanta que me considero un lector incompetente por obviar a ocasión de destacar, entre as miñas lecturas, a sentenza que me chega por correo. O correspondente asegura que o seu autor é Márquez. Vale. Creo. E anoto: «Ninguna persona merece tus lágrimas, y quien las merezca no te hará llorar». Sería fermoso chorar só polas persoas que nunca nos farían chorar. Non creo que exista unha definición máis certa do amor. Pasamos a vida esquecendo estas pequenas cousas que nos fan mellores. Quizá o ser humano está condenado a levarse a contraria a si mesmo: converter en inferno o paraíso. Derramarse en ambicións nimias. Mentres, hai poucas horas, unha carrinha de portugueses traballadores deixaba dous novos mortos nas estradas. E van seis en cinco meses. Se digo que a culpa é da crise han de chamarme demagogo. Pero mentres uns discuten de números, outros emigran. Non descansan. Traballan de sol a sol. Van polas estradas, tristes: deixando as súas casas para «producir» a mil quilómetros (os galegos temos tamén esas cicatrices). En tanto, Sarkozy e Bush e Merkel falan de números. Son todos personaxes do mesmo circo infame. Centos de miles de millóns para sanear as finanzas, e tan só se precisan (afirma a ONU) vinte mil millóns para acabar coa fame no mundo. E poucos máis para que a emigración non sexa unha necesidade: para comer. Levanteime cabreado esta mañá. Despois pensei a frase de Márquez. Só vou chorar pola xente que nunca quixo facerme chorar. Valen as pequenas cousas. Ti mais eu non somos números en mans dos líderes políticos. Alí Babá y los cuarenta ladrones. Me importan un carajo, diría Chavela Vargas. Choro polos portugueses traballadores mortos. Por eles. Eran máis decentes que Sarkozy, Bush, Merkel..."

El Duende Que Camina dijo...

Bravo, unha vez máis este home faime pensar e apartar durante un rato a miña absurda cotidianidade.

¿En que nos estamos convertendo?

¿cal é a sin razón que rixe no mundo moderno?
¿acaso é máis importante a forma que ten de saludar Sarkozy a Merckel que a morte destes traballadores portugueses?

Tódolos días inchen os nosos ollos con basura informativa.

A última vez que me emocionei lendo algo nun periódico, foi o caso dun tipo que creo que ía de excuersión cuns rapaces que se votaron a auga a nadar; o parecer o mar estaba moi bravo e os rapaces estaban a afogar.O home sacou a todolos cativos da auga e cando por fin ía sair él, quedouse sin forza e morreu afogado...

A noticia, soio mereceu un cadriño de 2x3,5 cm cuadrados nun periódico.

"A fermosura da alma, estriba en cousas tan pequenas ou imperceptibles,pro común dos mortais que pasa tan cerca de nós sin que nos demos conta dela".

Hoxe quero rendir o meu pequeno tributo ós portugueses que morreron o outro día, cerca de Verín.

Ides pola estrada
en busca dun traballo
que aplaque o ruxir
dos vosos estómagos,
emprendedes unha viaxe
sin retorno.

¿cal foi o voso pecado?
¿cal foi o voso erro?
Encontrome moi obrigado
pois o meu coraÇón non é de ferro.

As vosas esperanzas
quedaron no olvido.
O voso recordo
quedou no coraÇón
das vosas familias.

Agora emprendedes outra viaxe,
a viaxe da memoria
pra que ninguén esquenza
as cicatrices do recordo.

merlin dijo...

Bravo por ti, amigo

calvito dijo...

Admiro a túa sensibilidade, Duende.
Malos tempos os que corren, tempos nos que como ben dis, feitos coma éste, que acontecen o noso carón carecen de importancia frente as trapalladas dos G5-6-7-...

merlin dijo...

Hola, andamos moi liadiños estes días co traballo, pero despois de ler os comentarios e este novo artigo de Xose Carlos Caneiro onte na Voz, teño que volver a copialo e seguir incidindo no mesmo tema, xa que a súa nova reflexión escrita refrexa tamén o que sinte o meu corazón, así que ahi vos vai:

"PILATOS"

"Queren convencernos de que eles non teñen a culpa. Incluso, como son astutos, gardan a intención de convencernos tamén de que a culpa é nosa, exclusivamente. Son os Pilatos dos nosos días. Lavan as mans mentres os obreiros saen, despedidos, ás rúas. Son tipos grises e voraces que mandan subir a Bolsa do día a día, ou baixala. Avariciosos e sen escrúpulos. Pasean en avións por todo o mundo, de «cumbre en cumbre». Din que a culpa é do sistema, pero non afirman que eles son o sistema. Haberá que volver escribir con pintura imborrable nas paredes da cidade: a bota que nos pisa é sempre unha bota. Cómo gasto paredes recordándote, lin nalgunha canción con letra confundida. Recordándote. Haberá que sacar o corazón a pasear fronte á cobiza político-financeira. Gritar que non nos moverán. Que somos máis, e mellores. E que non somos culpables de nada. Porque facemos o que sempre fixemos: levantarnos, traballar, intentar progresar, cumprir as normas, votar. Votar por eles e polo seu sistema roto. Este que agora é o culpable desta crise que o ministro de Economía, tan listo, non vaticinaba hai oito meses. Eles viven na súa cápsula de poder. Non saben da xente. Quizais cando chegan a mandar, ao sillón poderoso, deixan de ser xente coma ti. Ignoran que as cifras agora repercuten en seres que apenas teñen para tomar un café. Ou pensionistas que non poden nin pagar residencias, nin asistencias. Mentres, a oposición fala da neveira do coche de Quintana (esa insignificancia) e non do fracaso estrepitoso e inmoral da lei de dependencia. Traballadores humildes no paro, na miseria da incertidume do futuro: miran aos seus fillos con tanta preocupación que ás veces teñen só tristeza en lugar de ollos. Cada día que pasa sinto maior aversión pola clase política que goberna o mundo. Estes Pilatos que lavan as mans mentres ti, maldita sexa, só podes lavar as lágrimas."

merlin dijo...

Eu o leo e quedo xelado, frio.

Sigo traballando día a día, para pagar os meus impostos que menteñen a esa chusma, mentras outros botan o día no seu despacho ou xaneliña funcionarial, xogando ao solitario, vendo titis por internet, ou escribindo merda no seu blog.

El Duende Que Camina dijo...

A miña sensibilidade de pouco sirve, moitas veces,no lugar de reconfortar o meu corazón, o que fai é entristecelo, nestes tempos no que a vida dun home pouco importa. O tema e selo millor, pisar a quén sexa menester e joder todo o posible ó próximo e canto máis millor. Encher de merda os nosos ollos, facernos perdela sensibilidade cun mundo cada día máis competitivo e violento e darnos carnaza pra satisfacer de vez en cando os nosos corazóns con cousas como o balompé, o gran irmán de T5 e tonterías polo estilo.

Sin ir máis lonxe, estes días ando un pouco molesto ca forma que ten de gastar os cartos, entempos tan dificiles como os que corren, o noso benquerido presidente da Xunta. O parecer gastouse 2 millons de euros en acondicionar o seu despacho e 500.000 euros nun novo coche blindado.

¿importalles ós nosos políticos unha merda o que pase na nosa vida?

¡que dificil é levantarse tódolos días pra manter o teu negocio en pé, mentras ves como outros simplemente por ser elixidos polo pobo pra representalos nos diversos postos da administración, teñen a vida moitísimo máis cómoda que todolos demáis.

¿que importa cuns traballadores morran de camiño o seu traballo?

¿son estes daños colaterais que temos que asumir polo ben do denostado progreso?

¿o progreso de quén? ¿ de catro fillos dun can que o único que fan e seguir enchindo os seus gordos e orondos bocois?

Provocando a división do pobo en asuntos que non son tan importantes como outros.

Dereito o traballo e derreito a unha vivenda digna.

Si observades con un pouco de atención, cada día os traballadores, teñen menos dereitos, pro máis horas laborais, más facilidade pro despido, salarios irrisorios e condicións moi pouco claras en canto a seguridade....¡que coño vailles a importar que morreran estes traballadores portugueses¡

merlin dijo...

Estamos en crise.
Crise: porque hai máis parados e menos traballo para o futuro para eles

Crise: porque as relacións humanas son cada dia mais frias e distantes

Crise: porque catro fillos dun, can com moitos cartos, decidiron aplicarse o conto de arrapañar con todos os cartos dos demáis, e conseguironno enganando ata aos banqueiros( ou foron estes)

Crise: porque os problemas dos que estan ao teu redor, tamen son os teus problemas

Crise: porque ves malgastar o tempo do noso traballo, e os cartos que aportamos cos nosos impostos, en cousas innecesarias, mentras os políticos discuten sobre unha neveira de 6000 € que só costa 15, ou dunha reforma de hai tres anos, só por tintes electoralistas

Crise: porque agora Raxoi reclámalle a Zapatero que faga o posible por reunirse con Obama, non vaia ser que lle pase igual que con Bush...

Crise: porque estes días temos a cabeza en tantas e tantas cousas que non sabemos por cal empezar a falar

calvito dijo...

Sólo el tema Bancos, sería suficiente para colapsar esto con posts y comentarios, creo que no habría suficiente espacio.

Disculpadme amigos que ultimamente haya reducido mi participación. Sigo aquí y espero que en en breve pueda dedicarle más tiempo.

El Duende Que Camina dijo...

A mí me pasa lo mismo, ando bastante liado, espero que vosotros esteis bien dentro de lo que cabe, debido a la crisis del quince.

Saludos.

danielmikesep dijo...

Votrient 400mg tablet is a prescription medicine used to treat individuals with: advanced renal cell cancer, advanced delicate tissue sarcoma who have gotten chemotherapy previously.