Solución: Unha chalupa en Combarro
Para que nuestros visitantes lejanos se animen a participar, en esta ocasión cambiamos el ¿dónde está? por el ¿qué es?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
687474703A2F2F7777772E6573746164697374696361736772617469732E636F6D2F65737461646973746963617320677261746973 |
Estadisticas Gratis |
Sitio certificado por |
maison lot herrin sucht |
14 comentarios:
Usei o photoshop pra aumentar a imaxe e desentramar algunha parte e nin asi podo saber ¿que é?....
Un cetolo, o prestige, a virxe da barca, supermerlin, supercalvito, non sei o que é....
Eu penso que é a merda que hai na ría do Burgo desde o paseo marítimo cando baixa a marea
Pois que queres que che diga, pode ser a ría do Burgo e a súa suciedade, sin problema ningún...O certo é que creo vislumbrar unha figura en forma de cabalo, pro non sei decir que é....
Despois de ver de novo a afoto detenidamente, observo que son pozas de auga entre rocas ou restos dunha construccion, de basura que aparece na marea baixa, ou dun barco ou artiluxio mariño, pero é imposible saber o lugar exacto
Marchando un gallifante para Merlín, que xa non ten sitio para máis.
As fotos sonche ben lindas. Agora que
vaciles cun perigoso mariño coma mín, non cho perdoo, ¡unha chalupa, pois non me dín conta¡....:::))))
o mellor se fose un catamarán...
Para Merlín foi doado porque a sua táboa de surf atópase no mesmo estado
Pois non te creas, soio montei unha vez nun catamarán.
Eu domino máis as goletas, bergantins, caravelas, drakkars. Son vestixios dos meus antepasados acostumbrados a loitar contra todo tipo de piratas, bucaneros, corsarios e demáis chusma que intentoudende a idade media apoderarse dos nosos mares. Vai anos xa, era moi raro que non fixese algo de remo na miña chalupiña que tiña no porto de Lorbe; aquelo si que era unha gozada e de pulmóns andabas moito millor co resto e que hoxe en día, pro meu pesar...Coido que é un dos deportes máis completos que hai e si ves a xente que o practica están como búfalos, miña naiÇiña, sin ir máis lonxe observade un día destes a David Cal, por exemplo.
Coido que o surf e pra xente máis estilizada, simpática e listiña abondo como o noso ben querido mago Merlín, ¿ou non?::::))))
Pois non sei ben por que, pero te imaxinaba no catamarán do Sil
Será porque me estou facendo maior, pro cada día gustame menos ir onde hai moita xente. Cunha chalupiña e un motorciño pequeniño fas a viaxe ó teu gusto e sin tantas complicacións. Levas unha boa bota de viño,unha empanada e a xente que queres e pasas unha xornada de indescreptible beleza e tranquilidade e si se evitan atascos, moito millor. ¿Non crees que chega abondo xa co tráfico que temos que soportar nesta cidade tódolos días, as rebaixas onde se agolpa a xente, os estreos das películas de cine, os partidos do Depor en Riazor, etc...?
Paz, silencio e tranquilidade, millor que ruido, conglomeracións e
frenetismo. Cadanseu co seu.
Noutro tempo, non pensaba así, e teño a sospeita de que por ir moito as discotecas, hoxe en día teño problemas de audición na orella dereita, é decir, "estou gordo como unha tapia"...:))))))
Holaaaaaaaa!
Bos días a todos, especialmente aos chalupistas do Calvito e do Duende.
Levo desde o venres sen entrar no blog, primeiro pola avaría de R e despois por temas persoais.
Como vexo que o Calvito anda amolado coas miñas táboas, decirche que o domingo botei todo o día no paraíso surfeiro coruñés da praia de Bastiagueiro, a 29 grados de temperatura ao solciño; como ía cos cativos preferin levar as 3 táboas de bodyboard que temos, e pasámolo de medo. A miña señora, que en principio ía de acompañante para quedar un ratiño, decidiu que quedásemos alí a comer uns bacatas, a así estivemos ata as 5 da tarde.
Onte tiña unhas maniotas de carallo, xa que as ondas tiraban contra as rocas do final da praia; haiche moito mar de fondo no inverno, e nadar e remar contra corrente e estar pendiente de dous cativos no medio de varias ducias de rapaces coas suas táboas, ten o seu grau de dificultade, pero ver o sorriso nos seus beizos e as súas cabeciñas molladas pola escuma do mar ao sol do mes de outubro, non hai cartos que o paguen.
Hola Merlín, la verdad es que se te echaba en falta. Que bien lo pasa poniendo a los niños como excusa, otros aquí con gripe
Publicar un comentario