miércoles, 15 de octubre de 2008

Saúdos amigos do Perú



Segun as estadísticas a dia de hoxe, o terceiro país que máis visitantes aporta ao noso bloge é EEUU, pero como estan en período eleitoral, esperaremos a que resolvan esta cuestion para facer un artigo sobre eles.

Así as cousas hoxe queremos coñecer mellor este precioso estado republicano de Sudamérica, situado na costa do Pacífico, e que está atravesado pola cordilleira andina de norte a sur. Detrás das montañas aparece a selva amazónica que ocupa o 60% da extensión do país

Un dos lugares máis singulares é Machu Picchu, vestixio da arquitectura inca, e lugar de visita imprescindible para os que queiran coñecer o fundamental deste país.



Na costa do Pacífico poderemos atopar praias interminabéis, e zonas paradisíacas



e desfrutar dos seus atardeceres en boa compaña



despois de gozar todo o día dentro das olas,



si se es quen de sobrevivir a elas:





Pero penso que o mellor de Perú son as peruanas. Ninguén mellor que a súa miss actual para actuar como embaixadora de honra do noso blogue:



Encantaríanos contar con ela para coñecer este fermoso lugar do planeta e admirar así as maravillas que contén:



En este link podedes admirar máis fotografías para coñecer mellor este país.

So falta despedir este post decindo en voz alta: Viva Perú!!!

7 comentarios:

El Duende Que Camina dijo...

As fotos son preciosas, pro hai unha que me gusta máis que as demáis, ¿sabedes cal é?.....¡que viva Perúuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu¡¡¡

merlin dijo...

Xa sei que foto é a que máis te gusta, amigo Duende. É a do matxupitxu, xa que o monte do fondo parecese moito aos atributos de Calvito ;-)))

El Duende Que Camina dijo...

Veña, axudovos un pouquiño, non é a última......::::))))

calvito dijo...

Eu tamén opto polo Machupichu, e non ten nada que ver cos meus atributos. Pero esa ladeira dase un aire coa Ribeira Sacra

merlin dijo...

Xa sei cal é.

É a bandeira de Perú porque parécese a do Alético de Madrí, o segundo equipo de Duende despois do de Alonso e o Depor ;-)

El Duende Que Camina dijo...

Non andas moi desencamiñado, pro sendo sinceiro a que máis me gusta é a da ola xigante, eu son un marino de recoñecido prestixio e creo vislumbrar na foto o intrépido Merlín facendo as súas falcatruadas enriba do tableiro de fibra de carbono, pra cortar as augas ca súa velocidade e loitar ca forza natural máis grande coñecida: O Mar.

Este feito pasará a formas parte dos anais da Historia Moderna. O mago Merlín, foise de vacacións a Perú, ca súa familia e fixo surf nun sitio de beleza incomparable.

Gracias, polas fotos incluíndo a DE MISS UNIVERSO:::::)))).....

merlin dijo...

Uffffffffffff, quen me dera algún día intentar subirme a unha onda coma esa...., pero para iso hay que botarlle moitos webos, amigo, e eu xa non teño os atributos do Calvito e do seu matxupitxu.

Moitos morreron no intento de coller grandes ondas, incluso xente moi experta, e campións deste deporte. Eu confórmome con dosis pequenas de adrenalina, e se a cousa ponse fea, como me pasou algunha vez coas correntes que te levan mar adentro ou hacia as penas, o mellor é respirar profundamente e pouco a pouco ir saíndo cara adiante.

O Mar pode ser o mellor parque de atraccións, pero moitas veces ten cara de perro rabioso. É mellor non amolalo nin rirse de él