miércoles, 26 de marzo de 2008

Concerto de Berrogüeto no Teatro Rosalía

Este domingo 30 de marzo no Teatro Rosalía de Castro as 20.00 horas actuará o grupo de música folk galega "Berrogüeto", este conxunto acaba de cumprir os seus dez primeiros anos de vida musical, publicando o seu derradeiro disco "10.0".

Nesta ocasión a sorpresa será o debut de Xabier Diaz como voz solista do grupo, sustituindo á preciosa voz feminina de Guadi Galego.

Se queredes ir, non o pensedes e ide apurando que as entradas vanse esgotando...

Aqui tedes un video no que actuan o grupo con Guadi Galego e Xabier Diaz nun concerto de hai tempo que emitiron na TVG



e se queredes coñecer mais este grupo clica eiqui

No hay comentarios: