viernes, 25 de abril de 2008

Noite nova: Festa do folclore galego




O vindeiro sábado 26 ás 22h diante do Teatro Rosalía de Castro.

Xacarandaina colaborando co Concello e dentro do programa de ocio NOITE NOVA, ofrece clases de balde e representación do folclore do país.

Muiñeiras, xotas, maneos, pandeiretas, gaitas, tamboriles, bailadores e bailadoras, haberá de todo, e queremos que ti tamén participes con nós, trae a todos os teus amigos e desfruta mirando, pero tamén participando porque se queres che ensinaran a bailar e a tocar a pandeireta e o mellor é que as clases son de balde e para toda a familia.

Pásao a todos os teus amigos, e achegadevos todos, porque será unha gran festa e unha boa oportunidade de achegarte ao teu folclore, ás túas raíces.

2 comentarios:

merlin dijo...

Se gañamos ao Barça vou correndo á celebralo cunha boa pandereitada, que verá ao duende bailando na punta do pé, tacón, punta, tacón...

El Duende Que Camina dijo...

¿Estas a poñerte resentido?....;)