martes, 13 de mayo de 2008

O Teatro Rosalía de Castro acolle o xoves 15 de maio o espectáculo "A Festa da Lingua"


O Teatro Rosalía de Castro acollerá o vindeiro xoves, 15 de maio, ás 20.30 horas, a "Festa da Lingua", un acto festivo que será presentado por Xurxo Souto e que contará coas actuacións das Cantareiras da Ardebullo (Os dous de sempre) e Xavier Díaz Sexteto. A entrada será de balde ata completar o foro de teatro.

O evento, organizado pola Deputación e o Concello da Coruña, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas será "unha actividade lúdica e festiva", na que se mesturarán humor e música. O presentador da gala, Xurxo Souto, lerá un manifesto elaborado para a ocasión por Sechu Sende, baixo o título "O camiño da lingua".

Posteriormente, terá lugar a actuación do grupo humorístico "Os dous de sempre", formado por Marcos Pereiro e Xosé Antón Touriñán, na que interpretarán as "Cantareiras de Ardebullo", dúas cantareiras dunha pequena aldea galega que usan a "música tradicional" para parodiar con retranca algunhas situacións do acontecer diario de calquera vila galega. Para rematar o acto, terá lugar a actuación musical de Xavier Díaz Sexteto.

Xabier Díaz (voz e percusións tradicionais) faise acompañar neste espectáculo titulado "Coplas para Icía" por outros músicos contrastados como Pedro Lamas (saxo e gaita) e Suso Iglesias (acordeón). Tamén están presentes Pablo Pérez (contrabaixo), Lucía Martínez (batería) e Iván Costa (zanfona). O concerto combina perfectamente a música tradicional galega con outros ritmos, coma o jazz e mesmo os sons brasileiros.

Escoita facendo click aqui

5 comentarios:

merlin dijo...

Por moito que teñades que facer non volo perdades por nada do mundo.
Escoitar a voz de Xabier e aos seus compañeiros é un luxo, e no Rosalia, unha delicatessen ao alcance de moi poucos. E por riba de balde..., ¿¿¿qué máis podemos pedir??

merlin dijo...

Se alguén esta interesado en vir hoxe ao concerto desde o barrio das Roseiras, eu teño no meu coche duas prazas baleiras. Sairemos as oito ou asi.

Se queredes enviade un email a duendeymerlin@gmail.com

Recordade que é totalmente gratuito ata encher o aforo

El Duende Que Camina dijo...

Hoxe eu teño un día moi longo....Longa noite de pedra....

merlin dijo...

Este mércores 19 de novembro as 22.30 no pub Dublin, Xabier Diaz actuará acompañado de Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Eu xa me apuntei á festa, merecemos algo de troula despois de tanto traballo que temos estes días, ou semanas mais ben.

Eu invito a primeira rolda de pintas de cervexa, e o resto xa lle tocará despois.

Saúdos

merlin dijo...

Vaia peaso de artistas, O Xabier, O Pedro e o Suso Iglesias.

Menudo recital, baseado en cancións tradicionais de Galicia, recollidas polo propio Xabier Díaz por esas aldeas, medio esquecidas, pero cheas de riqueza, e reducidas na sua máis pequena esencia nuns versos ou nunha cantiga, que estes músicos transforman en beleza e emoción.

Teño que admitir que emocioneime este mércores, co poderío da voz de Xabier e as súas variacións para adaptarse a todas as melodías, sen desafinar nen unha soa vez, e co seu esforzo para alcanzar notas imposibeis. Tamén co increible talento de Pedro Lamas e o seu clarinete, que causo sorpresa entre moitos que ainda non o coñecían, e que axudaba a tecer as melodías poñendo o contrapunto axeitado en cada unha de elas. E que dicir de Suso Iglesias e o seu acordeón, marcando o acompañamento, o ritmo axeitado, demostrando unha coordinación perfecta cos seus dous compañeiros.

Hoxe dia 21 de novembre tocan en Bruselas, diante dos emigrantes, e dos europeos e belgas que os queiran escoitare.

Boa viaxe teñades, e mellor estancia por terras de Flandes, querido Xabier e compañía.

Voltade com xeito, que tedes moito traballo en decembro e moitas galas que facer, en Ferrol (dia 4), Barcelona (6,7 e 8), Pontevedra (10,11,12 e 13), Santiago e Narón o 14 (como irá a facer), Valladolid (19), en Bilbao acompañando ao grandísimo Kepa Junquera o 22 e 23, en Cecebre o 26 (cita obrigada para min de novo), e xa en Xaneiro o 26 aquí, na Coruña, no forum metropolitano.

Vaime facendo o carnet de socio.

Saúdos!!