Chove en Santiago (Federico Garcia Lorca)
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
jueves, 5 de junio de 2008
Federico Garcia Lorca tamén escribiu en galego: Chove en Santiago
Etiquetas:
cultura,
musica galega,
suxerencias,
videos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Tes razón, Merlín, este é un dos seus 6 poemas galegos. Ten outro, adicado a Rosalía de Castro, moi lindo tamén.
Publicar un comentario