martes, 9 de septiembre de 2008

sábado, 6 de septiembre de 2008

Maxia Potaxia:II Festival internacional de maxia na rúa na Coruña



Por segundo ano consecutivo, o intrépido Mago Antón e os seus amigos encherán as ruas da cidade con espectáculos de maxia. Trátase do II Festival de maxia na rúa

Despois do éxito de público que acadaron os moitos espectáculos do festival dos Manicómicos no mes de agosto, seguro que de novo a xente respostará e acudirá a ver estes colegas de profisión.

Aquí tedes o programa por barrios:

Sábado 6 na rúa Barcelona: Cyrille Sinclair e Miguelillo as 13 h, e Malo Malísimo e Mago Pablo as 18 h

Domingo 7 na Praza de Portugal: Malo Malísimo e Mago Pablo as 13 h e Cyrille Sinclair e Miguelillo as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Pablo, Miguelillo, Cyrille Sinclair e Malo Malísimo as 21 h


Sábado 13 no Campo da Leña (praza de España): Mago Vituco e Justo Thaus as 13 h e Kayto e Jean Philippe as 18 h

Domingo 14 na Praza Elíptica das Roseiras (Los Rosales): Kayto e Jean Philippe as 13 h, e Mago Vituco e Justo Thaus as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Vituco, Justo Thaus, Jean Philippe e Kayto as 21 h


Sábado 20 no Parque Europa: Mago Mimo Anyo e Mago Norberto as 13 h e Cayetano Lledó e Luis Manuel as 18 h

Domingo 21 na Praza de Lugo: Cayetano Lledó e Luis Manuel as 13 h e Mago Mimo Anyo e Mago Norberto as 18 h

Repetindo de novo nos Xardíns de Méndez Núñez: Cayetano Lledó, Mago Norberto, Mago Mimo Anyo e Luis Manuel as 21 h


Sábado 27 na Praza de San Cristóbal: Mago Cali e Myster Yurgen as 13 h e Martín Camiña e Mago Romarís as 18 h

Domingo 28 na Praza de Vigo: Martín Camiña e Mago Romarís as 13 h e Mago Cali e Myster Yurgen as 18 h

E tamén repetirán todos nos Xardines de Méndez Núñez: Mago Cali, Martín Camiña, Myster Yurgen e Mago Romarís as 21 h.

Se queredes coñecer máis a algúns dos magos que participan nesta edición, podedes facer enlace desde aquí:

Mago Romarís, de Negreira (A Coruña)

Martin Camiña de Sanxenxo (Pontevedra)

Cayetano Lledó e o Mago Vituco de Santiago de Compostela

Magomimo Anyo de Ourense

Miguelillo de Salamanca

Cyrille Sinclair de Francia

Mago Norberto da Alemaña

Eu andarei metido entre o público, de inconito, xa que prefiro quedar sempre no economato.

Aghradesementos a Alber polo chivataso...

Saúdiños e pasádeo ben!!

viernes, 5 de septiembre de 2008

Ya podemos votar!




Recuerdo que alguien comentó una vez que en las elecciones de EEUU todos deberíamos poder votar, porque su resultado afecta a todo el mundo. Pues ya podemos! aunque solo sea de forma virtual.

En esta página podemos dejar constancia de cual sería nuestra opción de poder votar en las presidenciales de EEUU, pero también en otras convocatorias como las parlamentarias de Nueva Zelanda o Rumanía así como otras que vayan teniendo lugar.

Saludos a nuestros visitantes online de México Lindo



Qué pasa güey!

Como la comunidad mexicana es una de las que más recibimos visitas a diario, hemos decidido publicar este post para saludarlos. Para ello nada mejor que admirar a su mejor embajadora en el año 2008:



Esta chica tan linda es Miss México 2008, Elisa Najera Gualito, natural de Guanajuato. En A Coruña tenemos también un montón de chicas guapas, pero creo que es una buena ocasión para admirar la gran belleza de las mujeres de México.

También recomendaros visitar este precioso país y poder disfrutar de lugares como este en la penbínsula de Yucatán:




Por aquí en A Coruña trataremos de atender a Guardado y a Omar Bravo como se merecen, ya que su papel en el juego del Deportivo va a ser crucial esta temporada.





Saludos y recuerdos desde A Coruña, güey!

jueves, 4 de septiembre de 2008

¿Qué es una negra profesional?

No tengo ni idea! pero así es como Losantos define a la esposa de Obama.
Lo hizo en una entrevista concedida a una televisión Mejicana, en la que tampoco se cortaba un pelo dedicando calificativos fieles a su estilo a Zapatero, Obama, Gallardón y cualquiera que se le viniese a la mente. Desearle la muerte a Castro, o la enfermedad a ZP tampoco parece impropio de su moral, o la de la "empresa" para la que trabaja.

¿Periodista? ¿creador de opinión? ¿guarda y custodia de la moral católica? ¿un simple provocador? ¿Qué os parece en realidad este personaje?

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Para chorar un pouquiño ao final



Este video é un fragmento da obra de teatro "Sit" (silla) que os Tricicle representaron en varias cidades. Eu fun a velos a Madrid e non me chegaron os panos de papel xusto no momento que remata este skecth.

Tede un paquetiño a man, é a miña recomendación.

Xabier Diaz: Festa dos Axóuxeres o domingo 7 de setembro


Este domingo celebrarase as 12 da mañá na explanada de Riazor a 2ª edición da Festa dos Axóuxeres, que son un espectáculo para os bebés, os nenos, e para toda a familia.

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.

Como o ano pasado a festa contará coa participación de Xabier Diaz na parte musical, e ademáis os músicos e actores da compañía Galitoon ofrecerán un espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha viaxe polos cinco sentidos.

Alí estaremos o domingo, coa resaca do concerto dos Dandy Fever o da Banda Potemkin da noite pasada.

Saúdos.

8/09/08: Actualizamos cunhas cantas fotiños da festa:

De Festa dos Axóuxeres na Coruña


E un pequeno video resumo da festa na Coruña

martes, 2 de septiembre de 2008

DANDY FEVER: concerto en Monte Alto este sábado


Este sábado a cita ineludible na cidade son as festas de Monte Alto, que ademáis de actividades lúdico-deportivas pola mañá, a para os cativos pola tarde, terán a súa guinda de ouro coa actuación dos grupos da Coruña Dandy Fever e Banda Pontemkin

Xa sabedes onde vaise montar este sábado, para máis información visitade o Blogue do Barrio de Monte Alto da Coruña, Galiza.

Actualización 8/09/2008:Xa temos as fotos do concerto!!!!

De Concerto Dandy Fever e Banda Pontemkin en Monte Alto


De Concerto Dandy Fever e Banda Pontemkin en Monte Alto


Moitas grazas a todos!!!

lunes, 1 de septiembre de 2008

1 de Setembro: volta a rutina



Hoxe é o primeiro dia de traballo para moitos despois do periodo vacacional e de desfrutar da familia, da praia, das festas...

Desde este pequeno espazo virtual querémovos dar ánimos e lembrarvos que non estades sós, e que se queredes podedes contarnos como é para vós esta volta ao traballo.

Moito ánimo amigos!!

DEPOR - REAL MADRID




Outro ano máis, e van xa 17 temporadas sen gañar

E iso que o árbitro sempre bota unha man a estes "señoritos de la capital" que baixan as orellas ante o empuxe desta terra e desta xente poderosa, que como as ondas do Orzán arremete contra os virulillas de Guti, Raúl e compañía, dispersando a súa mala educación e deportividade, e transformando o aire de Riazor na mellor das festas do verán. Un ambiente escepcional que non pode conterse dentro do estadio e traspasa ao resto de Galicia.

Grazas Depor, unha vez máis, por encher de ilusións os nosos corazóns branquiazuis.

POR OUTRO MENCER BRANQUIAZUL, FORZA DEPOR, OE!!